menu Menú
A sombra que asombra
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 5, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
CONTRA O BOÍSMO Anterior CORINA PORRO, BARACK OBAMA E EU Siguiente

Ese é o título do conto que veño de publicar no volume colectivo Quéroche contar un conto, e no que tamén participan An Alfaya, Xosé Cermeño, Agustín Fernández Paz e Irene Pérez Pintos. O libro é unha iniciativa de ASPANAEX, importantísima asociación viguesa de apoio ás persoas con discapacidade intelectual, e que tiveron a marabillosa idea de pedirlle a un mollo de escritores e escritoras que pensaramos un contiño que logo os alumnos e alumnas do seu cole ilustrarían.

Non tendes idea da ilusión que me fixo a súa chamada e do honrado que me sinto por poder poñer o meu gran de area neste proxecto fermoso. E engado: agradecidísimo.

Eu escribín un conto, nalgo así como que en verso rimado, que titulei A sombra que asombra (perdón, Rosalía, perdón) e que é unha historia para que eses pais e as nais que viven sempre no medo prohibíndolles todo aos seus pequechos e pequechas para que non se manquen no parque, para que estean quietos non vaia ser, para que non anden polo chan que igual se infectan, para que non suban ás árbores que igual caen, etc… pois que se me relaxen un pouco.

Edita Xerais. Mercádeo. Ademais de estar colaborando cunha boa causa tendes aí (non o digo por min, é obvio) a algunhas das mellores plumas deste país.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar