menu Menu
A
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 29, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
NÓS/ELES Anterior GALEGOFOBIA ROSA-PORRO Seguinte


A pasada fin de semana, volvendo de Betanzos, descobrín, avergoñado, que a galegofobia non só a practican os que xa sabemos, senón que tamén hai moito galegófobo anónimo.
Todos lembramos como durante anos houbo que aturar – e de feito de cando en vez volve o asunto – aquela sucesións de eles ( L ) postas diante do A de A Coruña, polos que insisten (ex-alcalde á cabeza ) en chamarlle á cidade como non se chama.
Hai que ser parvos. É como se eu me empeño en que a miña chámase BIGO con B ou, moito mellor, Liverpool.
A cousa semellou amainar.
Ou cambiar de forma.
Porque o que atopei nun sinal, saíndo de Betanzos, foi unha indicación que marcaba a dirección A Coruña ( correcto ), a Santiago e a Vigo. Mais, diante destes dous derradeiros destinos, alguén pintara un A, de tal maneira que o sinal quedaba A Coruña, A Santiago e A Vigo, co cal a cidade herculina, seica, segue sen chamarse como se chama.
Este é, ás veces, un país tristísimo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar