menu Menú
AGASALLAR LIBROS. UN CHISCO DE COHERENCIA.
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 8, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
O ANUNCIO Anterior RECTIFICO A HORA: É AS 17.45 Siguiente

Leo, feliz, que a Bliblioteca do Concello do Porriño motiva á lectura co sorteo dunha cesta de Nadal… pero chea de libros. É dicir, o mesmo que en calquera bar pero cambiando turróns, botellas de sidra e polvoróns por historias de pantasmas en castelos encantados, de piratas e de tesouros perdidos en illas que non veñen nos mapas, de detectives habilidosos que sempre, sempre, dan co asasino.
Obviamente, é moita máis cesta que as outras que andan por aí.
Daquela, ademais de aplaudir, aproveito para lembrar que, dado que o Nadal é a orxía do consumo por excelencia, hai que pedirlle aos pais que sexan coherentes.
Porque se a un pai ou a unha nai lle preguntamos que prefiren, que o seu fillo pase as horas falando polo móbil ou lendo un libro, todos responderán o segundo, sen embargo, os expertos constatan que de cada vez se lles agasallan máis teléfonos móbiles a cativos máis pequenos ( de once anos, por exemplo ); e se a un pai ou a unha nai lle preguntamos, que prefiren, que o seu pequecho fantasíe lendo nos libros ou cos videoxogos, daquela, responderán que o primeiro mais, moi probablemente, agasallarán o segundo.
Daquela, neste Nadal, coherencia.
Que todos entendan que agasallar un libro é facerlles un ben.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar