Acabo de facerse público o avance de resultados do estudo sobre o Comercio Interior del Libro en España 2018 elaborada pola Federación de Gremios de Editores de España. En liñas xerais os resultados son bos. Outra cousa é cando entramos nos datos polo miúdo ou cando atendemos á parte que ten que ver coa edición en Galicia.
No lado do positivo cómpre reseñar que a facturación do libro en España medra, se sumamos libro en papel e dixital, un 1,9% respecto a 2017, chegando aos 2.363,90 millóns de euros. Sen embargo, descende a facturación do libro dixital, concretamente, un -0,1%. O montante económico do libro dixital só representa a día de hoxe o 5% do total do negocio do libro en España, o que quere dicir que aínda está moi lonxe de alcanzar eses niveis de “sustitución do papel” que hai uns anos certos gurús prognosticaban e, dende logo, non semella esa solución á crise editorial que en canto nos despistamos alguén pon a todo correr enriba da mesa. Ademais, cómpre ter en conta un dato interesante do informe, que demostra como se segue lendo moito en dixital…pero accedendo a el por vías non legais. Tanto é así que, como sinala o informe, “el efecto que la piratería tiene sobre el sector del libro supera las cifras del comercio legal (215 millones frente a 118 millones de euros)”.
En liñas xerais, como digo, medra a facturación malia que en 2018 se reduciu o número de títulos editados tanto en papel como en dixital, así como as tiradas medias e os prezos medios dos libros. Ao analizar este feito, os responsables do informe sinalan, entre outras causas, á redución de compras de bibliotecas por parte das administracións públicas, todas elas bastante descoordenadas e con comportamentos erráticos segundo as Comunidades Autónomas.
É interesante constatar que, ademais do descenso na facturación do libro dixital baixa tamén (-0,1%) o apartado de vendas de Banda Deseñada, Novelas Gráficas e soportes similares. Ao igual que no caso do eBook, onde moitos vían a panacea e novos camiños de seguro éxito fronte dos formatos máis tradicionais, a lectura que nos dán os fríos datos económicos son outros ben diferentes.
A día de hoxe é así: os resultados son mellores porque o papel segue forte e tirando da industria. Unha industria, por certo, que continúa sendo a día de hoxe a primeira industria cultura española (e galega), polo que, como indican os responsables do informe, debería ser tido en conta polos responsables políticos á hora de tomar decisións. Convido a Xunta, polo tanto, a que reflexione sobre isto.
Para rematar, sinalamos que o gremio editorial galego representa só o 1,1% da facturación. É dicir, que esa é a nosa cuota de mercado, fronte do 50,8% de Cataluña ou o 2,8% de Euskadi. Un dato duro que, entendo, debe animarnos a buscar estratexias para medrar e sermos máis competitivos.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.