menu Menú
ALICIA BURTON
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 20, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
PRESENTACIÓN DE AS PALABRAS DA NÉBOA EN VIGO Anterior OS MERGULLADORES DE VERNE Siguiente


Sen entrar nese debate, falso, sobre se é mellor o libro ou a película, si direi que, polo xeral, son dos que se preocupa cando algunha das grandes obras da literatura que un ten mitificadas é levada ao cine. Tendo claro que son linguaxes distintas, e que a imaxe pode partir da palabra pero non ten por que cinguirse necesariamente a ela, o certo é que ás veces boas historias caen en mans de directores pouco intelixentes que terminan esnaquizando as tramas por completo, ou convertendo aos personaxes en vulgares caricaturas sen a vida e o poder que tiñan no papel.
Sen embargo, hoxe estou ilusionado pois anda a comentarse por aí que será Tim Burton o encargado de poñer en imaxes un dos textos máis fermosos, enigmáticos, escuros, divertidos, suxestivos e literariamente máis seductores que se teñan escrito xamais: Alicia no País das Marabillas.
É un home de talento e sensibilidade. Paréceme que a Carroll saberíalle ben a escolla.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar