menu Menú
ALICIA VOMITA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 22, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
NO DÍA DA PATRIA ( LA ) Anterior LIBROS NA RÚA Siguiente

Vexo un documental do National Geographic Channel ( que se note que teño estudos ) no que falan do posible descobrimento dunha nova especie de homínido.
Para bautizalo, como é pequerrecho, pensaron en chamalo Hobbit.
A literatura está por todas partes.
En Portugal, para facer fronte á crise, inventaron un imposto novo. Puxéronlle de nome, «imposto Robin Hood».
A literatura está por todas partes.
Falamos da crise. Os pobres serán de cada vez máis pobres. Haberá máis paro. Consumiremos menos. Traballaremos ( ¡ e nin un só sindicato berrou aínda ! ) xornadas de 60 horas. Aprobaron unha normativa para reter á xente sen papeis ano e medio porque si. Din que o castelán está perseguido en Galicia. O goberno de España pode repatriar menores en situación de irregularidade ¡ a calquera país aínda que non sexa o seu! Na China seguen executando á xente por pensar distinto pero iso si, a Olimpiada farémola igual.
Este mundo non é o País das Marabillas.
Hai que botarlle moita literatura para que Alicia non vomite sen parar.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar