Leva a prensa uns días falando de que o cineasta Pedro Almodóvar inaugurou blog, e que está a servirlle para ir contando como vai a súa película.
O seu espazo web está moi ben, pero eu quero aproveitar para reivindicar o Pedro Almodóvar do comezo. Porque a pesar dos Óscars e tal, non gusto do seu cine, agás de dúas películas que podo ver con agrado: Matador, pola súa carga un chisco surreal, e despois, pero pola sorpresa que foi (aínda que cinematograficamente non vala nada, Almodóvar sábeo ben ), Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón. Eu tiña 14 anos cando esta última se estrenou e, literalmente, flipei. Pareceume unha broma inmensa pero que, en calquera caso, deixaba claro que alí detrás había un tipo disposto a facer coa cámara directamente o que lle saíse dese sitio. Hoxe boto de menos ese aire libertario, xa non no cine de Almodóvar, que hai anos, xa o dixen, que non sigo, senón, en xeral, na arte. Moito máis doméstica. Moito máis correcta.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.