menu Menu
AMA OS LIBROS POR ENRIBA DE TODAS AS COUSAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 22, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
A GRAN LITERATURA SEGUNDO MANGUEL Anterior UNHA DROGA DA QUE NON QUEREMOS DESENGANCHARNOS Seguinte


Levamos xa un par de días falando do mesmo asunto.
Que lemos por pracer.
Que a lectura é unha droga da que non queremos desengancharnos.
Sen embargo, a idea é moi vella.
Nun libro ben antergo, Sátira dos oficios, datado no Imperio Medio ( 2040 – 1786 a. C ), un texto exipcio, lemos este fragmento ben curioso. Un pai fálalle ao seu fillo explicándolle por que debe ser escriba, e faino con estas palabras:
¡Aplícate aos libros! Mira, nada hai mellor que os libros. Vou facer que ames os escritos máis ca á túa nai, vou presentar as súas bondades ante ti.
A ver, non é para tanto: máis que a nai…
O que si que está claro, é que este amor común vén de moi lonxe. De moito.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar