menu Menu
ANNA FRANK. 60.
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 26, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
SOMOS SUMERIOS Anterior O RISO DE TITO Seguinte

Estes días conmemórase o sesenta aniversario da publicación do Diario de Anna Frank.
É difícil dicir algo orixinal sobre o texto sen repetir algunha trivialidade. Direi, só, que é a demostración da forza da palabra escrita para nos enfrontar á brutalidade; é, tamén, a demostración de que a arte chega máis e mellor aos corazóns do que nunca poderá chegar a ciencia.
Fai máis pola causa humana este diario, ou La Lista de Schlinder, que todos os ensaios, estatísticas, estudos e informes que poidamos ler sobre o holocausto.
O diario de Anna Frank sérvenos para reflexionar, tamén, sobre os holocaustos silenciosos e invisibles que, hoxe tamén, estamos a facer no mundo. Pensemos só nun dato: cada día morre de fame ( e porque nos dá a gaña ) tanta xente como para encher un estadio como o de Balaídos.
Moitos, a modo de diario, escribimos un blog.
Reflexionamos todos os días.
Xamais chegaremos, nin de moi lonxe, á profundidade á que chegou Anna Frank co seu diario.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar