menu Menu
ANTONIO VEGA E A POESÍA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 12, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
PRECISAMOS POETAS Anterior ESTE DÍA DAS LETRAS DEBE SER UN VERDADEIRO DÍA DAS LETRAS Seguinte

Hoxe cúmprese un ano do pasamento de Antonio Vega. Falamos del hai seis meses. E seis meses despois seguimos.

E seguiremos.

A pregunta, xa que logo, sería por que estamos diante dun músico que vai resistir o paso do tempo. E a resposta é obvia, pero por complexa. E explícome. Vai resistir porque, a diferencia de Bisbales e leidisgagás, o que sobrancea nas súas cancións eran, por enriba das músicas, ben interesantes abofé, son as súas letras, a poesía que destilan moitas delas.

Co cal chegamos Ao Esencial de Sempre: a poesía e o seu misterio. A poesía que fai que as cousas sexan importantes. Queremos falar da lingua e dicimos, con Uxío, que a forza do noso amor non pode ser inútil. Queremos dicirlle a ela que a queremos, e probablemente atoparemos nalgún poema as verbas máis axeitadas, Neruda, por exemplo, quiero hacer contigo lo que la primavera hace con los cerezos, ou Celso Emilio Ferreiro, cando o silenzo chamaba polas verbas eu xa te chamaba

Antonio Vega era un grandísimo lector de poesía. E para el a poesía era, por enriba da música, o máis grande.

El tiña a poesía da súa banda.

Oxalá os demais puideramos dicir o mesmo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar