Hoxe cúmprese un ano do pasamento de Antonio Vega. Falamos del hai seis meses. E seis meses despois seguimos.
E seguiremos.
A pregunta, xa que logo, sería por que estamos diante dun músico que vai resistir o paso do tempo. E a resposta é obvia, pero por complexa. E explícome. Vai resistir porque, a diferencia de Bisbales e leidisgagás, o que sobrancea nas súas cancións eran, por enriba das músicas, ben interesantes abofé, son as súas letras, a poesía que destilan moitas delas.
Co cal chegamos Ao Esencial de Sempre: a poesía e o seu misterio. A poesía que fai que as cousas sexan importantes. Queremos falar da lingua e dicimos, con Uxío, que a forza do noso amor non pode ser inútil. Queremos dicirlle a ela que a queremos, e probablemente atoparemos nalgún poema as verbas máis axeitadas, Neruda, por exemplo, quiero hacer contigo lo que la primavera hace con los cerezos, ou Celso Emilio Ferreiro, cando o silenzo chamaba polas verbas eu xa te chamaba…
Antonio Vega era un grandísimo lector de poesía. E para el a poesía era, por enriba da música, o máis grande.
El tiña a poesía da súa banda.
Oxalá os demais puideramos dicir o mesmo.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.