menu Menu
APOIOS POLÍTICOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 30, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
PREDICAR CO EXEMPLO Anterior 42 Seguinte


En campaña electoral ( e nos derradeiros tempos a campaña electoral é continua ) os políticos sempre gustan de rodearse de xente da cultura. Supoño que lles dá unha certa lexitimidade. E así, escritores, actores e intelectuais en xeral son “chamados” para apoiar a tal ou taloutro candidato.
Nos Estados Unidos sábeno de sempre. Así, non é estraño que o actor Chuck Norris ( en fin, non sei se metelo ou non na categoría de “intelectual” ) entrase en campaña para, sen pedir con claridade o voto para os republicanos, aparecer nun video ( no que chega incluso a facer un golpe en plan “peli de Chuck Norris” ) pedíndolle aos paisanos que lle voten a aquel candidato que non teña pensado poñer restriccións ao uso libre de armas.
Ese tipo de cousas, no fondo, son un alivio, porque nos fai ver que no vello mundo aínda nos tomamos a política un chisco máis en serio. Pois está claro que un anuncio dese tipo, cun fulano dicindo ese tipo de paridas e, sobre todo, practicando patadiñas de kárate diante da cámara, cando menos, movería a risa.
Sen embargo – e a risa mudámola por pranto – nos Estados Unidos ese tipo de accións moven o voto.
E así pode pasar, como pasou durante os derradeiros oito anos, que un parvo ocupe a cadeira presidencial.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar