menu Menú
APRENDER MÁIS QUE NOS LIBROS DE TEXTO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 22, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 3 Anterior HAI 40 ANOS. A VODA. A CANCIÓN. A NOSTALXIA. Siguiente


Durante a ponte, meu fillo máis grande coseume a preguntas relacionadas co libro que estaba a ler e que lle recomendaron ( xa que logo, unha lectura voluntaria non obrigatoria ) no instituto. De cada vez que algo non lle estaba moi claro, preguntaba. E eu, encantado da vida, respondía. Eu tamén, claro, co meu libro na man.
Hai unhas horas rematouno. Non tiven que preguntar. Dixo: que ben este libro; aprendín máis léndoo que nos libros de texto.
O remate perfecto para unha ponte vacacional marabillosa.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar