menu Menu
Aquel día en que fun monárquico
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 5, 2018 0 Comentarios 1 min lectura
Eu non fun Anterior 140.000 PERSOAS SEGUEN TIRADAS NAS CUNETAS Seguinte

Reparade nese rei Gaspar. Foi na Cabalgata de Vigo (hoxe estarei alí apañando caramelos) do ano 2012. As crónicas de prensa do día seguinte dicían que Gaspar parecíase a Francisco Castro. Creo que si. Reparade ben nesas gafas. Ten un aire. Si, creo que si. De feito, aquel rei mago falaba galego, e foi entrevistado na TVG e foi moita a xente que recoñeceu a voz…

Lembro aquel día como un dos máis divertidos da miña vida. Sentinme xusto así. Coma un rei.

Eu, republicano, encantado no meu papel de monarca, axitando as mans, aclamado por unha multitude que me amaba. Feliz.

Foi o meu día monárquico.

O meu día inesquecible.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar