menu Menú
ARDE GALICIA CON LUME FORESTAL
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 27, 2011 0 Comentarios 2 min lectura
PRESENTACIÓN DE 'IN VINO VERITAS' EN VIGO Anterior AQUEL HOME DA GABARDINA Siguiente

Así cantaban Os Resentidos, e a copla seguía con «e con lume ou sen lume ti tamén podes arder». E en efecto, Galicia volve arder un verán máis. E isto demostra o pouco que queremos ao país, non polo feito de que haxa pirados pirómanos apirolados que lle prendan lume ao monte. Tolos houbo sempre. Senón porque sabiamos que isto ía acontecer e, sen embargo, non poñemos os medios. Como moito, acusamos a estes ou a estoutros. Pero non poñemos remedio. Está asumido. E está asumido, ademais, dende a máis absoluta das mediocridades. Como cando se discutía se o lume tiña cor política (Fraga xa o dixera, non se esquezan). E o monte arde e Galicia arde e a nai que nos volverá botar arde e Galicia está queimada e eu hoxe absolutamente queimado tamén.

Cando era neno, o avión de ICONA, que así se chamaba, voaba por enriba das nosas cabezas asustadas. Sabiamos que chegaba o verán cando viamos o hidroavión collendo auga diante da Punta, en Teis. Como bos fillos do século XX sabiamos que habería un día en que isto non sucedería. E o que o século vello e o novo nos deu foi o problema multiplicado ata o infinito e, sobre todo, uns xestores ineptos incapaces inoperantes aos que o asunto nos lles preocupa nin quita o sono. Porque de lles preocupar non reducirían os orzamentos para previr as queimas. Porque de lles preocupar entenderían que hai que botar un ano enteiro traballando para que o desastre do inferno non chegue ano tras ano tras ano tras ano tras.

Comezo o verán queimado. Ardendo. Feito churrasco.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar