menu Menú
AS AVOAS E OS AVÓS COMO TRANSMISORES DO HÁBITO LECTOR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 12, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
UNHA HISTORIA TRISTE Anterior UNHA PREGUNTIÑA: ¿ E TI POR QUE TES UN BLOG? Siguiente

Por seguir tirándolle zume á entrevista con Umberto Eco que levamos días comentando, é interesante que reproduzamos esta resposta do italiano: Mi relación más estrecha fue con mi abuela materna, que fue la que me inició en la literatura. Era una mujer sin cultura alguna, creo que hizo cinco años de primaria, pero tenía pasión por la lectura. Estaba suscrita a una biblioteca, así que traía a casa un montón de libros; leía de manera desordenada. Un día podía leer a Balzac, y luego, una novelita de amor de cuatro perras, y le gustaban las dos. Y así hizo conmigo: me daba a leer, a los 12 años, una novela de Balzac y una novela de amor de ínfima calidad. Pero me transmitió el gusto por la lectura.
Igual que comentabamos antonte, a clave está en botarlle paixón, que nos vexan gozar cos libros. E iso era algo que, quizais, no pasado, facían moito as avoas e os avós, posuidores, por outra banda, dunha sabedoría e dunhas historias acumuladas co paso dos anos e que transmitían, narradores espontáneos e xeniais, aos seus netos.
Hoxe, os avós e as avoas non contan ( nos dous sentidos da palabra ). Ou, como moito, andan estresados pois non dán feito cos horarios das múltiples actividades extra-escolares dos netos eses enganchados á play.
( Podedes opinar sobre este post mais non esquezades que hai unha preguntiña pendente de contestación ).


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar