menu Menú
AS CONTRADICIÓNS DE GB
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 20, 2009 0 Comentarios 2 min lectura
LEONARD COHEN NON É GALEGO (MELLOR PARA EL) Anterior 20 ANOS FUNDIDOS EN NEGRO Siguiente

contradicion

Onte sábado, en Vigo pasaron dúas cousas simpatiquísimas. Por unha banda, Ignacio López-Chaves, do PP no Concello de Vigo, publicaba un artigo no Faro de Vigo no que insistía na imposición do galego, na falla de liberdade dos castelán falantes en relación ao Concello de Vigo, e incluso chegaba a afirmar que o alcalde (do PSOE) ocupa ese posto grazas, precisamente, ao argumento da imposición lingüística do galego. Iso sábeo calquera que veña a Vigo: todo o mundo está obrigado a falar galego, se falas español vén a policía local e cáscache un lapazo na caluga, e se nun bar pides tortilla española métenche en prisión.

Por outra banda, Galicia Bilingüe botouse á rúa -a do Príncipe, nin máis nin menos, centro absoluto- para montar mesas para explicar aos cidadáns (xa saben, os obrigados queiran ou non a falar galego) a súa proposta educativa: a saber, que os pais ou os rapaces escollan a lingua na que queren recibir o ensino.

Xa falei moitas veces da parvada que iso é. Así que non me paro máis a argumentar que hai cousas que debe decidir a administración pública, que non se pode deixar ao criterio dos cidadáns, que poden decidir calquera estupidez. Explicar o obvio, rebatir parvadas, é canso, e xa teño uns anos.

O que me intersa subliñar aquí é que esa mesma xente que considera que as rapazas aos 16 anos non poden decidir sobre se abortan ou non con consentimento ou sen el, porque son inmaduras, si teñen madurez para decidir sobre o ensino e a lingua. Xa sei que son cousas distintas, pero do que falo é da madurez. Que para algunhas cousas si que se ten. Para outras, non.

En fin…

O PSOE desmarcouse de GB. O Bloque, por descontado. Eles teñen no PP todo o apoio do mundo. Nos mesmos que non condenaron, aínda, o franquismo. Os mesmos que se negan a retirar os símbolos dictatoriais. Os mesmos que consideran que debería haber crucifixos en todos os colexios.

Todo é unha e unha enorme e patética contradición que, de momento, está a gañarnos a partida.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar