menu Menú
AS MIÑAS MANÍAS DE ESCRITOR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 10, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
A IGREXA PERMITIU QUE ROUBARAN O CÓDICE Anterior O sector editorial na Literatura 2.0 Siguiente

Gracia Santorum, activista entusiasta da nosa cultura, está a elaborar un traballo arredor das manías dos escritores galegos á hora de desenvolver o seu traballo.

Eu fixen un rápido listado, así sen pensar moito, comentando algunhas das que son consciente. Non son moitas. Pero son as miñas.

Velaquí a miña resposta:

Direi que escribo descalzo. Sempre. Nunca lle deixo ler nada, absolutamente nada, a ninguén ata que o libro sae do prelo. Só o le, claro, o editor.Escribo todos os días. Os 365 días do ano, 366 se é bisesto. Escribo verborreicamente. Despois corrixo, a bolígrafo. Ten que ser tres veces a corrección, ou sexa, de cada novela hai tres versións sempre. Quedo, claro, coa última. Destrúo sempre as outras versións, incluso electronicamente. A miña mellor hora para escribir é as cinco da mañá. Case que todos os libros van precedidos dunha cita dos Beatles. Ordeno os libros alfabeticamente. Durante anos enchín diarios literarios. Tireinos o outro día, hai un par de semanas, ao colector de reciclaxe da rúa. Tomo notas nun caderno branco no parque, mentres xoga a pequena. Isto é o que se me ocorre así, correndo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar