menu Menu
AS PALABRAS DA NÉBOA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 23, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
ANDEIS BALEIROS NAS CASAS GALEGAS Anterior 5,1 EUROS AO MES EN GASTO DE LIBROS Seguinte

Supoño que xa estará nas librerías, porque o vindeiro venres, ás 20 horas, no Teatro Principal da Estrada, será o acto de entrega do Premio de Novela Manuel García Barros que, como sabedes, este ano mereceu a miña novela, editada en Galaxia, As Palabras da Néboa.
O acto, de entrada libre, vai ser ben xeitoso, pois vai incluído un recital de música.
Estades convidadas e convidados.
E como queda feo falar da propia obra, velaquí o texto da contracapa: Esta é unha novela sobre a liberdade. E sobre os soños. Dos homes e dos pobos. As palabras da néboa é unha historia sobre tres destinos. Un aventureiro que volve do Novo Mundo; un señor feudal derrotado; unha muller libre que cambia a realidade só coa palabra. Maxia, libros prohibidos e unha revolta campesiña na Galicia do século XVI forman o pano de fondo no que Francisco Castro sitúa un relato de guerras, meigallos, violencia e épica colectiva. Unha historia sobre o dereito á utopía.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar