menu Menu
AS TETAS DE SARA CARBONERO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 3, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
O MEU RECORDO DE BOBBY FARRELL: ALMUDENA Anterior NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (5) Seguinte

Eu digo o que digo e métolle caña aos medios de comunicación. Que son un desastre. Que nos matan co telelixo, de cada vez, por certo, máis presente na prensa escrita.

Sen embargo, son os medios de comunicación que sen dúbida merecemos. Porque non existirían, iso está clarísimo, se a xente non prendera a tele ou, mellor, a apagase, cando saíra a Esteban ou calquera deses produtos feitos a posta para nos emparvecer.

Pero resulta que non. Que iso é o que vemos, o que nos mola, o que nos interesa.

E os datos son os datos.

A web de La Voz de Galicia, o xornal máis consultado na rede, informaba o último día do ano de cales foran as novas máis seguidas polos internautas. E nesa lista, aparece como a cuarta máis vista, a operación de peitos de Sara Carbonero. Concretamente esa nova recibiu 57.920 visitas.

Así que igual xa non debo, máis nunca, criticar aos medios por darnos o que nos dan. Porque, seica, limítanse a darnos o pan et circensis que queremos, desexamos e, xa que logo, merecemos.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar