[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/wh9AC0jCGjY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Os escritores, cando lles preguntan sobre quen lle influiu para a súa obra, adoitan poñerse serios e transcendentes e lárganse a citar grandes clásicos da historia da literatura. Unha morea deles. Un cento. Bibliotecas enteiras. Sinto o que vou dicir, dabondo politicamente incorrecto, pero en moitos casos eses que se citan non se leron, ou léronse en diagonal, é dicir, que hai unha idea xeral e para saír do paso é dabondo. É o que se espera. É o que cómpre para quedar ben.
Mais eu, como non adoito poñerme serio no papel de escritor, non teño reparos en dicir que me influiron e inflúen Mortadelo e Filemón, Mafalda, todas as películas que vin na sesión infantil das tres e media dos domingos no cine Roxy de Teis, toda a tele que papei ata hai ben pouco e, cando xa tomei máis conciecia e entendín que quería escribir e ser escritor, as letras das cancións dos grandes cantautores tipo Leonard Cohen (de quen vén de publicarse, mellor, volver a publicarse, unha novela súa de iniciación, El juego favorito), Lennon ou Joaquín Sabina.
Igual non queda elegante.
Pero é a verdade.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.