menu Menu
BICOS E APERTAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 17, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
MAÑÁ EN SANTIAGO, PREMIO A AGUSTÍN Anterior LECTURAS DE OUTONO: LA LADRONA DE LIBROS Seguinte


Hoxe lemos na prensa que o multimillonario Donald Trump vén de anunciar que agasallará con 100 dólares por cabeza aos cen primeiros compradores do seu novo libro, que vai presentarse nunha librería da Quinta Avenida de Nova York. O título, por se alguén pensa en ir por alí ( pero apurade que seguro que vai haber máis de cen persoas ) é máis ou menos algo así como Pensa ao grande e da patadas no cu. Nos negocios e na vida.
Sen entrar a valorar a altura poética do título, debémoslle recoñecer ao señor este que animando á lectura, deu cunha campaña atinada.
Así que, como nos vindeiros meses vou presentar dous novos libros, vou imitalo. Pero como as miñas posibilidades económicas están un chisco por debaixo das do meu colega escritor norteamericano ( a súa fortuna persoal é de 2000 millóns… ) agasallarei ( ¡atención! ) aos 100 primeiros compradores dos meus dous novos libros ( iso si, terán que demostralo ), aos homes, con sorrisos amigables e sinceros, e ás mulleres, con dous bicos cheos de intención.
Se despois disto non me converto nun dos autores máis vendidos do ano, daquela, xa non sei que podo facer.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar