menu Menu
BLOGS, LIBERDADE, REPRESIÓN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 7, 2008 0 Comentarios 2 min lectura
LECTURAS DE INVERNO: EN EL CAMINO DE JACK KEROUAC Anterior PÁGANME PARA MANDAR, NON PARA LER Seguinte

Segundo o Technorati, no mundo hai 112 millóns de blogs. Que vostedes lle dediquen uns minutos ao meu paréceme, desde logo, un luxo. Daquela, grazas.
Non sei vostedes pero eu hai xa moito tempo que paso máis polos blogs, por certos blogs, que polos medios de comunicación, digamos, tradicionais. A día de hoxe permiten traballar sen as censuras e os condicionamentos que, a outros medios, lles impón a publicidade, a política, o xogo de intereses sociais.
Por iso, probablemente, o poder ten tanto interese en controlar este novo medio de expresión onde calquera pode dicir o que pensa, desde a parida máis gorda á elucubración máis sesuda e atinada.
E non o digo eu, senón alguén que sabe tanto sobre o funcionamento da sociedade da información como o sociólogo Manuel Castells, quen hai dous días, nunha longa entrevista, en El País, dicía que a sociedade tiña medo. A xornalista pregúntalle se hai medo ao novo. Asino por completo todo o que segue:
Exacto. Pero miedo, ¿de quién? De la vieja sociedad a la nueva, de los padres a sus hijos, de las personas que tienen el poder anclado en un mundo tecnológica, social y culturalmente antiguo, respecto de lo que se les viene encima, que no entienden ni controlan y que perciben como un peligro, y en el fondo lo es. Porque Internet es un instrumento de libertad y de autonomía, cuando el poder siempre ha estado basado en el control de las personas, mediante el de información y comunicación. Pero esto se acaba. Porque Internet no se puede controlar.
Que isto sega a ser así. E de novo grazas.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar