menu Menu
BORGES 110
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Agosto 24, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
GRUPIES DE ANDAR POR CASA Anterior CIDADE DA CULTURA MANUEL FRAGA IRIBARNE Seguinte

jorge-luis-borges

Tal día coma hoxe nacía hai 110 anos Jorge Luis Borges. Ben sei que con el non hai medios tempos: ou ben o adoras ou ben che produce noxo. Non sei de ninguén que lle guste un pouquiño ou algo. Os borgeanos, aínda que haxa moito que nos separamos de boa parte das súas estéticas, serémolo para sempre. Aos que non lles entrou polo ollo dereito a primeira vez, xa non vai entrarlles nunca.

Unha das poucas cousas das que podo presurmir e con orgullo, como lector, é de ter lido a Obra Completa de Borges antes dos 20 anos. Durante un tempo, contaxiou o meu xeito de escribir (sei de moitísima xente á que lle ten pasado o mesmo); despois, andando os anos, atopei, ou iso espero, o meu propio camiño estilístico.

110 anos despois seguimos reivindicando a Borges. Poucos coma el foron quen de atopar unha voz tan propia e poderosa. Quizais iso sexa o mellor que se pode aspirar a que che digan cando te dedicas á literatura.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar