Jorge Luis Borges dixo que o ser humano é a súa memoria. Trabucouse. O ser humano son os seus bares, as súas discotecas, os touros a rebentar, o fútbol e os concertos nos que te animan a sacar a mascariña. Borges pensaba no Aleph con toda a súa trascendencia. A xente do común pensa na tapa de tortilla e en facer botellón da maneira menos trascendente posible. Como se non estivésemos aquí xogándonos, literalmente, a vida. Borges dicía que o paraíso era unha enorme biblioteca. A xente normal coida que o paraíso é poder ir ao fútbol arreconchadiños uns contra doutros, así veñan máis gromos de covid-19. Borges cría na memoria. A xente, segundo semella, moita memoria non ten. Seguir lendo…
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.