menu Menú
BÚSCANSE POETAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 10, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
ESTE É O MUNDIAL DA VERGONZA, DA MISERIA MORAL E DA HIPOCRISÍA Anterior UN LIBRO DE AVENTURAS Siguiente

Este serán, paseando polo Casco Vello de Vigo, dende a beirarúa lin un cartel pegado na porta dun bar. Se buscan poetas.

Pareceume tan fantástico que  nin crucei para ver de que podía tratarse. Non sei por que pero na miña enferma imaxinación comezou a construirse a imaxe dun daqueles carteis das pelis de vaqueiros da miña infancia, un Wanted, xa sabedes, e alí vía eu as caras dos e das poetas que admiro.

Seguín camiñando fascinado diante do cartel. E seguín toleando. E pensei que poderiamos poñer carteis procurando poetas, metáforas, frases profundas, pensamentos intelixentes, doadores de beleza, transplantes de sentido común, venda de esperanza a prezo de nada. Eu que sei. Parvadas así.

Fascinado polo cartel, cando xa chegaba para casa, vin outro que dicía: Vendo saxo tenor.

Non puiden evitalo. Saquei un rotulador vermello que vai comigo e cambiei o «a» de saxo por un «e».

Igual que aqueloutro primeiro cartel excitou a miña fantasía, de certo que a miña nova proposta excitará a de máis de un e de unha.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar