menu Menu
CA-CA-CA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 5, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
EN GALEGO TAMÉN SE PODE RIFAR Anterior XA NON HAI RESPECTO Seguinte


Esta mañá, na COPE, un coñecido xornalista dicía que a persecución que o español estaba a padecer no espazo público é similar á que hai anos tiñan que sentir os negros en Alabama.
Como estaba espertando ( ía no coche e pasaba por alí, por esa emisora, quero dicir ), fixen un esforzo por entender o que viña de escoitar: ou sexa, o de sempre, que o español está perseguido, pero desta vez cunha novidade: comparar aos racistas e assasinos do Ku-Klux-Klan, cos que defendemos meirandes cotas de presenza pública dos nosos idiomas propios.
A chorrada non merece moito comentario porque simplemente é iso, unha chorrada.
O que é preocupante é que ese tipo de exabruptos son escoitados, e con pleno convencimento, por uns cantos millóns de persoas de boa fe cada día.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar