Hoxe polo serán collínme a min mesmo como toda compaña. Entrei nun café. A música gustábame. A xente gustábame. A camareira sorriume. Dúas rapazas, preto da cristaleira, ollábanme, probablemente intrigadas por ese mollo enorme de folios que traía comigo debaixo do brazo.
Sentei. Puxen ben os pés sobre o chan e saquei prendas de abrigo. Un chisco despois, na miña man dereita un bolígrafo co que alguén amable hai pouco me agasallou. Pedín un café moi quente, case que imposible de tomar. Sempre os tomo así. A caloriña tróuxome lenta pero intensa a inspiración. E ela, as palabras que andaba procurando.
Sóubome rico o café e a fervenza de palabras que deitei sobre os folios. Sentado comigo mesmo. De parladoiro comigo.
Despois do derradeiro grolo, pensei que en moitas ocasións é de verdade fantástico ser escritor.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.