menu Menu
¿CAL É O NOME DE LUGAR MÁIS BONITO QUE COÑECES?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 7, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
ESTE VENRES RECITO EN VIGO Anterior O MEU DISCURSO SOBRE A BELEZA Seguinte

Hoxe, en varios medios de comunicación, insertouse unha publicidade para convidarnos a visitar o interior de Portugal. Como imaxe, unha suxestiva foto, entre o sol e a néboa, dun lugar, en Coimbra, que se chama a Fonte dos Amores.

Non me negarán que é un nome ben xeitoso. Sobre todo tendo en conta que, vendo a foto, queda claro que é un lugar antigo. A saber de cando lle virá o nome. É tan evocador, que teño todo o dereito do mundo a imaxinarme calquera cousa. Todas, por certo, ben literarias. E de certo que haberá unha explicación de por que ese lugar se chama así e non doutra maneira. Mais non preciso coñecela para saborealo unha e outra vez: vou á Fonte dos Amores, paseei contigo na Fonte dos Amores, fun procurarte á Fonte dos Amores…

Esta foto fixome pensar que de cando en vez, gusto de facervos preguntas.

A de hoxe é previsible: ¿cal é o nome de lugar máis bonito que coñeces?

A ver se es quen de sorprenderme.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar