menu Menú
Cales foron os libros da miña vida (o Power Point!)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 3, 2012 0 Comentarios 2 min lectura
O ODIO AO GALEGO E A DEMENCIA Anterior COMO ATOPAR O PUNTO G Siguiente

O pasado domingo e dentro dos actos do I Outlet do Libro Galego de Allariz tiven a honra de participar dando unha conferencia sobre unha das cousas que máis me gusta falar que son os libros e a literatura e lectura. Pedíronme que o fixese sobre Os libros da miña vida. Mais paréceme que máis que falarlles diso o que fixen foi falarlles, sen máis, da miña vida. É como se esquecera iso de que tamén tiña que falar dos libros. E así contei anécdotas dun adolescente non correspondido. Historias dun rapaz que lía tebeos cando cativo. Andanzas e desventuras dun home que se deu á lectura como outros se dán á bebida, coa mesma paixón, coa mesma dependencia.

E falei da miña influenza máis importante. Para a literatura e para a vida: a música.

Despois, camiño de casa, decateime de que falar da miña vida, contala, dalgunha maneira é algo normal porque, se teño que falar da presenza e importancia da lectura na miña vida teño que contar esa vida dalgunha maneira.

Porque como Borges dicía, máis que orgullo dos libros que escribín, sinto orgullo dos que levo lidos. E o paradiso, para min tamén, é unha biblioteca.

Díxeno algunhas veces: a min salvoume, sálvame, a diario, a literatura. O País das Marabillas. Onde vivo boa parte do día.

Por iso son un privilexiado.

Levaba un power point preparado que me axudaría a contar. Pero non serviu de nada porque finalmente non se puido usar un ordenador.

Pero como o fixen, déixovolo para a súa descarga aquí.

E así saberedes cales foron os libros da miña vida.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar