menu Menú
CALQUERA TEMPO PASADO SI FOI MELLOR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 9, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
O MEU DÍA DE LOUCURA BEATLE Anterior MODA SI, MÚSICA SI, LITERATURA GALEGA NON Siguiente

A edición desta semana de A Nosa Terra lémbranos que, hai 20 anos, o goberno popular da Xunta de Xerardo Fernández Albor impulsara unha creativa campaña publicitaria baixo do lema Fálalle galego.  A frase, o que suxire, é que hai que facer o esforzo de falalo, que hai que poñer moito dende a casa para que o galego medre. En definitiva, era unha campaña intelixente, en positivo, que entendía que había que coidar, promover, defender e axudar á lingua menos favorecida e que, xa que logo, á que máis agarimo precisaba de todos.

Tres décadas despois, dende os novos gobernantes escoitamos falar de conflito lingüístico, da defensa dos dereitos dos castelanfalantes, de imposición do galego e doutros asuntos que, a verdade e por unha vez, fai que tiremos a conclusión de que calquera tempo pasado foi mellor.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar