menu Menú
CANDIDATOS QUE ESCRIBEN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 12, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
¿NON HAI POETAS GALEGOS QUE MUSICAR? Anterior CARLOS CASARES E A PROSA INVISIBLE Siguiente


Onte, nas páxinas de La Voz de Galicia contaban que os distintos candidatos á presidencia dos Estados Unidos saben que unha das cousas que obrigadamente teñen que facer é escribir un libro. Así, Hillary Clinton, Barack Obama ou Rudy Giuliani xa teñen publicados os seus, nalgúns casos, máis de un libro ( Hillary, ademais da súa autobiografía, publicou outro sobre, alucina, como educar ben mascotas, e outro máis recente sobre a educación… neste caso de persoas. A ela, por certo, como xa falamos hai tempo, o asunto literario sáelle incluso rendible ).
Independentemente destas cousas, sobre todo o que me interesa destacar aquí é que o feito de escribir e publicar un libro é algo que, electoralmente, é valorado, que dá votos, que axuda a considerar mellor ao candidato. Que lle dá «unha estela cultural», vamos.
Agardo, xa que logo, polos libros de Touriño, Quintana e Feijóo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar