menu Menú
CANDO LEONARD CANTE EN VIGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 5, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
QUEN AVISA... Anterior ERRE QUE ERRE Siguiente


Rematamos a semana, a pesar de todo, cunha boa nova: o 13 de Agosto – incrible – Leonard Cohen cantará en Vigo. E alí estarei. E se podo estar moi preto do escenario non estarei moi lonxe. E un dos meus sonos musicais cumprirase.
É algo que preciso facer.
A pesar de ser un topicazo, no intre no que cumprín 40 castañas, decidín algunhas cousas. Das que se poden contar, unha sería que escoitaría a Dylan e a Cohen antes de que eles o deixaran ( con 75 anos vai vir Leonard Cohen a Vigo ). A Dylan xa o mirei. A Leonard vereino.
Os dous en Vigo.
O outro, será, se volve por España ou pasa por Portugal, ao McCartney.
Sei que non me perdoaría, nunca, deixar pasar esas oportunidades.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar