menu Menú
CANDO OS LIBROS ERAN A REVOLUCIÓN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 4, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
CLARO QUE AOS POLÍTICOS LLES INTERESA A LECTURA Anterior O MEU CUESTIONARIO PROUST Siguiente

Sempre digo que o invento máis revolucionario da historia foi a imprenta. Desde o instante en que Gütenberg puxo o trebello a funcionar, o saber deixou de ser algo exclusivo do poder ( daquela, a Igrexa ), para pasar ás mans de todos. As palabras, así, democratizábanse ( o acceso universal – e gratuíto – á Internet, dalgunha maneira debería de completar ese proceso ). E acto seguido sempre engado que, consorte co anterior, o libro máis revolucionario da historia foi A Enciclopedia dirixida por Diderot e D’Alembert, que supuña, ademais, compendiar todo o que sabía sobre todo o que se sabía, ao alcance de quen quixera saber ( disimulade as redundancias ).
A reacción do poder, como imaxinades, foi a prohibición da edición dese libro maligno, a persecución aos seu autores e a queima de moitos exemplares. Aínda así, o libro saíu adiante.
En moitas ocasións, teño nostalxia daqueles días en que os libros eran a revolución.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar