Eu non lles son moi futboleiro. E, xa que estamos e aínda que lles soe raro, tampouco moi patrioteiro. Teño claro que Galicia é a miña nación, o meu país, chámenlle vostedes como lles pete, pero hai cousas que son. E esa, para min, é.
Pero falaba de fútbol.
Hoxe, en Radio Nacional de España falaban dos himnos do fútbol, e laiábase un dos participantes na tertulia, que era unha mágoa que o himno español non tivera letra porque “no lucía nada en las competiciones deportivas”. Daquela, o responsable do programa dixo que ía poñer un corte dunha cousa fermosa: “los gallegos en el estadio de Balaídos cantando el Himno Gallego durante un partido de su selección”. En efecto, foi fermoso. Unha daquelas voces era a miña. Berrando entolecido, eu, que non son futboleiro nin moi patrioteiro, iso de “fogar de Breogán”.
Pregúntome se, nesta nova situación, haberá máis partidos destes ou non.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.