Xa vedes: nos últimos tempos non fago máis que falar da televisión. Para, sobre todo, insistir no timo.
As privadas foron un timo porque o que prometían era a calidade. Ao final, botamos de menos aquela tele única que a pesar de non ter con quen competir era, polo xeral, boa. Hoxe, as teles compiten pero por abaixo, a ver quen é capaz de conseguir a máis grande das desvergonzas catódicas (o malo é que, como xa é norma, as novas xeracións entenden que Belen Esteban é o normal). E hoxe, falamos das TDTs que nos entran por distintas plataformas. Sen dúbida, teredes reparado que por aí entran Intereconomía, Veo 7, Popular TV, etc., canles que están todo o día botando pestes contra Zapatero, Garzón, o aborto, os nacionalismos, as linguas autonómicas (como din eles), etc., etc, e nas que meten horas de adoutrinamento persoeiros como o da foto, Pedro J ou Miguel Angel Rodríguez, por só dicir uns cantos.
O certo é que a TDT nos ofrece mellor calidade de imaxe.
Pero, polo que aos contidos se refire, están metendo nas casiñas o peor o peor. E por moitas canles distintas.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.