menu Menu
CARLOS CASARES E A PROSA INVISIBLE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 9, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
CANDIDATOS QUE ESCRIBEN Anterior A RÚA DOS LIBREIROS DE BAGDAD Seguinte


Escoiteille dicir unha vez a Carlos Casares que a mellor prosa era aquela que non se vía, é dicir, que o lector nunca debe decatarse do artificio, que debe ser tan natural o que se escriba que quen lea só se concentre en gozar do texto.
Niso, sen dúbida, era un mestre. Tanto na súa obra ( por exemplo en Os mortos daquel verán, libro complexo pero que, a pesar da súa moita arquitectura – está escrita en linguaxe burocrática – para o lector é unha delicia ), mais, sobre todo, na súa obra xornalística, para min, onde máis brillaba o Casares escritor. Aqueles artigos seus en La Voz de Galicia eran, á súa maneira, un blog. ¿Cantas bitácoras hoxe imitan, quizais inconscientemente, aquel xeito seu de traballar a base de contarnos o feito o día anterior – a súa vida – pero pasándoo pola ollada literaria? E cando digo iso digo o Casares conversador. Só puiden unha vez, só unha, para a miña desgraza, cear con el. Naquela mesa estaban tamén, entre outros, Xurxo Souto. Case que non dixemos nada. Abondaba con escoitalo contar. O ben que contaba, tamén, era no fondo un exercicio de “prosa invisible”. Da súa boca saían historias perfectamente argalladas, construídas dunha maneira tan sinxela que, aos demais, só nos quedaba abrir a boca, apampados, e gozar.
Cinco anos despois, seguimos, e seguiremos, lendo na súa prosa invisible.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar