Eu pertenzo á tribo dos que admiran e aman a Carlos Oroza. Eu pertenzo á tribo dos que tropezan por Vigo adiante con el e non deixa pasar a oportunidade de falar de vagariño. Sempre aprendo algo. Rimos, e falamos mal de todo e falamos da vida e do mundo para concluír que é unha merda pero menos mal que nos queda a poesía. E non me sorprendo cando vexo que en calquera dos seus recitais hai máis de 600 persoas cando menos. E que o reclaman de medio mundo.
Carlos Oroza é un grande.
O pasado domingo, Iago Martínez publicou unha entrevista con Oroza no Xornal de Galicia que é boísima. Nun determinado momento, o xornalista pregúntalle polo galego. Todos sabemos que Oroza sempre escribíu en castelán. Nas nosas conversas na rúa el fala en castelán. Eu en galego. E gozamos como dous adultos namorados da poesía, das palabras e da vida, e do mundo si, dese mesmo que antes dixen que é unha merda pero que tamén é marabilloso. Depende de como vaia o vento. Depende de como nos colla ese día esa vida e ese mundo. Mais divago. O que importa é que nos comunicamos. E que eu aprendo. Infinitamente. Entre outras cousas, do respecto enorme que expresa polo galego, que tamén é del, autor en castelán.
Xa podían aprender os galegófobos. Xa podían aprender os de GB. Xa podía aprender tanto parvo e tanta parva.
Divago. E case que esquezo as palabras de Oroza:
Por que se fala tan pouco o galego?
Por autoodio, por autoasco. Han fomentado ese complejo, como si hablar castellano fuese culto. Es un problema de conciencia. El gallego es un idioma como otro cualquiera, tal vez más antiguo que el castellano.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.