menu Menu
Cartografías da Narrativa Galega Contemporánea
Un libro para comprender mellor por onde vai a literatura galega actual
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Para ler en Xullo 4, 2020 0 Comentarios 1 min lectura
Sinatura na Feira do Libro de Ponteareas Anterior Sarah Hegazy Seguinte

Rematei a lectura do libro de Xaquín Núñez Sabarís, premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, Cartografías da narrativa galega contemporánea. E quero recomendárvolo moi vivamente porque coido que dá pistas máis que suxestivas para entendermos o estado actual da literatura galega, do que se está facendo nos anos derradeiros. O libro é unha viaxe pola cartografía da narrativa galega actual, pero centrándose en tres escenarios: Compostela, Vigo e as Rás Baixas. Analiza, e é moi interesante, o papel que as cidades, nomeadamente Vigo, están xogando en moitos dos escritores e escritoras actuais. Especial interese ten a súa reflexión (xa abordada con anterioridade noutros estudos seus) arredor da “novela negra viguesa” representada, segundo a súa opinión, polo traballo de Domingo Villar, Pedro Feijoo, Ledicia Costas e un servidor.

Achegádevos a este texto que nos ilumina e fai entender mellor que estamos a facer, que camiños andamos transitando e, polo tanto, como é que sinte e se expresa o corazón colectivo da literatura galega de hoxe en día.

cartografías da narrativa galega contemporánea domingo villar ledicia costas novela negra viguesa pedro feijoo premio ramón piñeiro xaquín núñez sabarís


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar