menu Menu
CASE QUE ME MATO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 12, 2010 0 Comentarios 2 min lectura
APRENDER DOS PORTUGUESES Anterior O SEU VALOR É DE SEU Seguinte

O pasado venres, cando marchaba para casa, caín en plena rúa. En troques de poñer o pé onde debía (tiña que subir un banzo para entrar no patio que leva á miña casa), pisei no baleiro e Newton fixo o resto. Caín e batín con toda a parte esquerda contra da esquina do banzo. Fiquei no chan, coma un velliño, sen me mover porque, entre outras cousas, non podía respirar.

Despois de dous días aguantando coma un macho, sen poder durmir nin camiñar nin moverme nin respirar nin nin nin nada, acodín a Urxencias. Placas e diagnóstico: rotura fibrilar intercostal. Tratamento: analxésicos a eito, esperar a que me saia un moratón xigante, e paciencia. Como me dixo a amabilísima traumatóloga que me atendeu: home, se es quen de estar un mes sen respirar, daquela, doerache menos…

Non choredes por min, amigos e amigas, se cadra, ride imaxinando o patético da situación.

¿E a conto de que vén todo isto?, ¿porque procuro mecos, mimos, aloumiños de todos, e sobre todo, de todas vós? Si, en parte si, pero, no fundamental, para contar que o que máis me doeu non foi a labazada, cruel e bestial, que peguei contra do chan, senón que caín diante dunha cafetería, e ducias de persoas viron como me esmendrellaba, como quedaba alí tirado. Erguín a cabeza e sei que non pouca xente miraba para min, alucinados diante do hostiazo magnífico que viña de darme. E xa sabedes como segue a cousa: ninguén, pero ninguén ninguén, saiu para me atender, para me preguntar se morría ou algo.

Dentro de min teño unha rotura, vale, pero isto non é nada comparado coa dor que me produce ser menbro dunha sociedade que é capaz de se emocionar porque o Iker lle mete un morreo á moza (que bonito, si) pero que non reacciona cando un señor cae na rúa e medio morre afogado.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar