menu Menú
1252 artículos archivados en
A Canción do Náufrago (Blog)
A Canción do Náufrago es mi blog desde 2006.
Página anterior Página anterior Siguiente página Siguiente página
O incrible home-bala

Agora odio os circos, pero cando era neno un dos momentos mellores do ano era cando instalaban o Circo, así con miaúsculas. Inzaban as paredes con carteis de pallasos, trapecistas e leóns. De todas as visitas ao Circo, a mellor foi cando chegou O Incrible Home Bala. O cartel era un canón xigantesco cun fulano […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en noviembre 3, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Se quixesen solucionar o de Cataluña...

Se quixesen solucionar o de Cataluña terían actuado antes, terían sido máis nobles, menos falsos, terían actuado con máis alturas de miras e non con criterios electoralistas pois a ninguén se lle escapa que ao PP sempre lle deu votos repetir iso da sacrosanta unidade de España e non non non ao nacionalismo separatista. Se […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 20, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
A necesidade de coidar das palabras: golpe de estado, Cataluña nazi, pederastia...

Hai que coidar as palabras, que non é tan difícil. Hai que evitar falar tan lixeiramente como se fai por aí con moi mala uva. Porque estamos a escoitar falar polo asunto catalán (polo asunto español) de «golpe de estado» con total naturalidade. Repíteno continuamente e, insisto, lixeiramente: isto é un golpe de estado, están […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 19, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
A ollada náufraga 5: Vida extraterrestre

Teño na casa, encadernados moi vistosamente, os exemplares da mítica revista estadounidense LIFE entre os anos 1962 e 1970. Grazas a iso, podo revisar as crónicas da época sobre algúns asuntos que sempre me interesaron moito, como son o nacemento, auxe e caída dos Beatles, a guerra de Vietnam segundo ía acontecendo, e a carreira […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en septiembre 18, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Unha obviedade sobre a Fundación Francisco Franco

Levo mantendo dende hai tempo que, alén da devolución ao pobo do Pazo de Meirás (e das esculturas da catedral de Santiago en poder da familia), o que cómpre facer coa Fundación Francisco Franco (que xestiona as visitas, pero impedindo que ninguén o visite) é ilegalizala. Por que? Pois por algo moi obvio que vou […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 12, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Lendo o Principiño coa miña nena (sobre o hábito de ler)

Onte, cando a miña pequena se deitou, máis cedo que durante os tres meses anteriores, porque hoxe empezou 4º de primaria e tocaba madrugar, eu fíxeno, como cada noite, ao seu carón porque é o momento do conto, da historia, da ficción, da lectura. Un hábito que ten, como no seu día o seu irmán, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 11, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Libros e libros e libros e libros

Libros. Levo mercando libros dende a infancia e teño tantos tantos tantos tantos que me vexo obrigado a colocar uns enriba de outros, apertados nas moitas estanterías de casa (no salón, en todos os cuartos, de momento sálvanse os baños) e penso, calquera día van rebentar, caerán todos e morrerei aplastado debaixo deles, que morte […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 1, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
A ollada náufraga 4: Acetona

Falaba o outro día cunha amiga máis ou menos da miña idade, de que agora as nenas e os nenos xa non teñen acetona. Eu tiña todo o tempo acetona. Cada pouco, pasaba un día enteiro vomitando, botando literalmente os fígados, sobre todo porque a miña nai insistía en que tomase infusións que aínda hoxe […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en agosto 31, 2017 3 min lectura Continuar leyendo
A mirada náufraga 2: O bulbo raquídeo

Non sabemos se iso de ter “sede de xustiza” por empezar en bíblico, é ou non algo natural, ou sexa, algo que levamos no bulbo raquídeo, que é ese sitio que non temos moi claro onde está mais que serve para situar nel todo canto comportamento pensamos que é atávico, natural ou inevitable (nada é […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), La mirada náufraga en agosto 2, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
O avión do odio de HAZTE OÍR (deberían chamarse HÁZTELO VER)

Teño un recordo de cando era moi neno e meus pais me levaban á praia d’Os Olmos de Vigo: unha avioneta de NIVEA tirando balóns sobre unha rapazada histérica (eu era un deles) á procura dun daqueles inchables azuis que deveciamos por ter. Lembro ese momento en cores apagados, coma unha foto dos anos 70. […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 2, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Perverso. Pervertidos. Perversión.

Hai algo de perverso, de enfermizo, de soez, nas caras desas persoas que saen a apoiar a Cristiano Ronaldo, a Messi, que os aclaman, que saen á rúa a berrar que están con eles, que moito ánimo, que es o mellor. Hai algo que ten que estar mal aí. Se colles os vídeos e paras […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 1, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
Un franquismo "legal"

Lemos hoxe dúas novas, cando menos, inquietantes. Por unha banda, que La Falange pide inmunidade para poder seguir cantando o Cara Al Sol. A cousa é en Aragón, onde a Lei de Memoria Democrática prohibe a manifestación pública de “expresiones ofensivas, vejatorias o atentatorias contra la dignidad de las víctimas de la guerra civil”. Así […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 27, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
A mirada náufraga 1: O tempo

O tempo. Aquel señor de pelo estrambótico e lingua por fóra explicou que era relativo. Debe de ser. Iso penso dende os meus 50 anos que me chegaron sen que me decatase. Pero non é diso do que quero escribir, senón da relatividade do tempo, desa evidencia física incomprensible que nos di, e aceptamos, que […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), La mirada náufraga en julio 21, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
O barco racista e o 18 de xullo

Hoxe soubemos que unha asociación xenófoba de ultradereita (perdón pola redundancia) chamada «Defend Europe» conseguiu 100.000 euros en donacións para fletar un barco co que percorrer o Mediterráneo para impedir a chegada de barcos con refuxiados e dificultar o labor das ONGs que traballan con esta pobre xente. Indican, ademais, que «intervirán» se ven «algo […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 18, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
Morrer no traballo

Na película «12 anos de escravitude» de Steve McQueen,  hai unha escena especialmente brutal (das moitas que hai). Refírome ao momento no que, baixo do sol agotador do sur dos Estados Unidos, na plantación de algodón onde o pobre protagonista vive a súa traxedia (era un negro libre, pero foi secuestrado -no Norte, onde xa estaba […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 14, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
A xente

Onte coñecín unha persoa que ten moitos animais na súa casa. Non cans nin gatos senón outros, tanto ten cales, que eu nunca vira en casa ningunha. Explicoume todo o que implica telos: gastos veterinarios, de alimentación, de acondicionamento (un deles, de feito, ten que estar o 75 por cento do día en escuridade absoluta […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 12, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Silencios

Estarei volvéndome vello, pero estiven atento ao inicio da comparecencia de Bárcenas na comisión do Congreso.Moi amable e cordial, abriu o micro para dicirlle ás súas señorías, que non ía dicir nada. Esbozou un sorriso de bo veciño e alí quedou, tan pancho e caladiño. Silencio. O Tribunal de Cuentas, hoxe, en Madrid, ditaminou que […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 26, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
Hai futuro

O pasado sábado fun convidado a participar nas Xornadas dos Clubs de Lectura, no Palacio de Congresos de Santiago, para moderar unha mesa redonda coas escritoras (as tres van publicar en breve na Editorial Galaxia) Berta Dávila, Rosalía Fernández Rial e Tamara Andrés. Ademais do interesante que creo que foi a conversa entre nosoutras catro […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 21, 2017 2 min lectura Continuar leyendo

Página anterior Siguiente página

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar