menu Menú
1252 artículos archivados en
A Canción do Náufrago (Blog)
A Canción do Náufrago es mi blog desde 2006.
Página anterior Página anterior Siguiente página Siguiente página
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 10: ANDURIÑA

A canción saiu cando eu non tiña nin dous anos de vida. Pero estaba na casa o «single» do meu irmán e que eu escoitaba e escoitaba e escoitaba dende que aprendín, aos tres anos, a usar o tocadiscos seu. Hai cancións que evocan verán. Luz. Pero luz moi forte, moi grande, luz que manca […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 20, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 9: WORKING CLASS HERO

Porque son o fillo da carniceira de Teis. Porque o meu pai empezou a traballar cando tiña 11 anos e, como era tan alto, mentiu e dixo que tiña 14 para que lle deixaran empurrar da carretilla. Porque me criei nun barrio de pantalóns con remendos, onde non se tiraba nada, onde a roupa duraba […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 19, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
10 CANCIÓNS (POSIBLES) DA MIÑA VIDA. 8: ANOTHER ONE BITES THE DUST

Conteino mil veces. Antes que escritor, eu o que quería ser era músico. Fun a clases de guitarra anos e anos, e tiña o meu grupo na adolescencia, como tanta xente. Naquela época da Movida Viguesa eu era cativo de máis (empezando adolescencia) e pilloume co pé cambiado e, ademais, a miña liña de intereses […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 12, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 7: SUMMER NIGHTS (GREASE)

E non o podo evitar. Cando na tele, cada pouco, a volven poñer, véxoa. E gózoa como se fose a primeira vez que a vexo. E cabréome con Danny por imbécil. E cabréome con Sandy por ñoña. E na miña casa, claro, fuxen do salón porque vou poñerme a facer comentarios do tipo, «mira, agora […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 9, 2017 3 min lectura Continuar leyendo
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 6: MY SHARONA

Tiña 13 anos cando Fito, un dos meus amigos daquela, mercou este single. Puñámolo no xiradiscos da súa casa unha e dúas e mil veces. Colliamos o pau das vasoiras e veña a facer como que o tocabamos, dando chimpos. No momento do só de guitarra final, un dos mellores e máis espectaculares da historia […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 5, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 5: CARBÓN Y RAMAS SECAS

https://youtu.be/IhNR79CINoA Dende moi cativo atendo moito ás letras das cancións. Hai quen só queda coas melodías. Para min unha boa canción pode ser excelsa só por un verso. E, de feito, hai algúns que, directamente, me deixan sen aire. Manolo García é un dos músicos máis singulares do panorama musical español dende hai máis de […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 30, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 4: BLUES DE MAR

Cando a alguén se lle pregunta polas «cancións da súa vida», adóitase ir á infancia e á xuventude, nunha actitude melancólica que non sempre é, ao meu ver, a máis saudable. Aínda que eu tamén o fago, claro, e as músicas que trouxen a esta serie, e as que traerei, caen nese tópico inevitable, porque […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 25, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
10 Cancións (posibles) da miña vida. 3: WHATEVER YOU WANT

Esta canción dos Status Quo leva acompañándome toda a vida e, de feito, cando collo a guitarra eléctrica na casa, móntoa. Ou cando quedaba cos amigos (temos que recuperar iso, por favor) para tocar no estudio, esta non falta nunca. Recordo cando a toquei (máis ou menos) por vez primeira. El igual non o lembra […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 23, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 2: IF I FELL

Cando era pequeno, o meu irmán tiña un «tocadiscos» DUAL. Era unha máquina pequerrecha coa tapa que facía de altofalante. Era de cor beige e eu xogaba a poñer os discos e imaxinaba que os Beatles vivían dentro daquel altofalante. Cantaba, daquela, o ESPINAJAU, que era (de feito sigo facéndoo así) como eu cantaba, co […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 12, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 1: DON`T LET ME DOWN

Comezo hoxe unha serie de 10 post para tentar explicar estes primeiros 50 anos da miña vida a través de 10 cancións. Poderían ser outras. Pero son estas. Esta canción dos Beatles, aínda que asinada coma sempre por Lennon-McCartney, en realidade era de John. Interpretárona en directo, nun improvisado concerto na azotea do seu edificio […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 9, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Cando o goberno financia o odio

Hoxe espertamos coa nova de que o goberno de Rajoy repartiu xa máis de un millón de euros entre asociacións homófobas e ultracatólicas, grupos que organizan manifestacións onde é frecuente ver a bandeira preconstitucional, brazos en alto e vivas cara al sol. Todas elas (está todo aquí) destacan pola súa virulencia á hora de atacar […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 27, 2017 3 min lectura Continuar leyendo
Cando os incendios non importan

De pequeno sabía que comezaba o verán non porque Puri, a da tenda, sacase o cartel dos Helados Camy. Nin sequera porque acabasen as clases. Sabía que chegaba o verán porque o avión da ICONA sobrevoaba os ceos collendo auga diante da miña casa para lanzala sobre as lapas dos moitos incendios que había por […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 24, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
O compromiso necesario

Tal día coma hoxe, hai 62 anos, morría Albert Einstein. Poucos intelectuais coma el teñen adquirido a condición indiscutible de Sabio, así, con maiúsculas. Por iso, as súas citas (as reais e outras inventadas que se lle poñen na boca e que nunca dixo, pero que lle acaen ben) andan decote por todas partes movéndonos […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 18, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Igual o fútbol non é para tanto

A todos nos ten pasado algo así: estamos noutro país e pregúntannos de onde somos. E dicimos, no meu caso, «de Galicia». Cando vexo que se lles pon, como adoita suceder, cara rara, matizo, «España». Aí xa o teñen todos claro, pero se insisten en saber máis, digo «Vigo». En moitas ocasións, o noso interlocutor di: […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 12, 2017 3 min lectura Continuar leyendo
Reclamo o meu dereito a vivir nun estado aconfesional

Todo o mundo entende e ve como normal que os alcaldes e alcaldesas deste país que non é confesionalmente católico, participen nos actos da Semana Santa, presidindo as procesións ou bendicindo ramos ou o que sexa. Quen di o alcalde di o exército ou a policía vestida con uniforme de gala, como se ve en […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 10, 2017 3 min lectura Continuar leyendo
Ha de ser un chiste.

Que Cassandra Vera sexa condenada a un ano de cárcere por facer un chiste, ou mil, sobre Carrero Blanco, non pode ser certo. Ha de ser un chiste. Que o concelleiro de Culturas de A Coruña, José Manuel Sande, estea imputado polo cartel de entroido (de entroido!!!) no que o Papa vai borracho conducindo, non […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 30, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
É facebook un medio de comunicación?

Está aberto un debate, coido que de complexa solución, para responder á pregunta de se Facebook (e por extensión o resto das redes sociais máis usadas, coma Twitter, Instagram ou Youtube) debe ser considerado ou non un medio de comunicación como pode ser un xornal, unha emisora de radio ou unha canle de televisión. Resolver […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 23, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
O 82 % DOS NENOS E NENAS DE GALICIA NON APRENDEN A FALAR EN GALEGO

Cando a semana pasada celebramos o Día da Lingua Materna coñecemos algúns datos abraiantes como que só o 18 % dos nenos e nenas DE GALICIA aprenden a falar en galego ou, dito doutra maneira, que o 82 % das nenas e nenas DE GALICIA (non de Australia ou de León, poño por caso) medran EN […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 2, 2017 1 min lectura Continuar leyendo

Página anterior Siguiente página

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar