menu Menú
1252 artículos archivados en
A Canción do Náufrago (Blog)
A Canción do Náufrago es mi blog desde 2006.
Página anterior Página anterior Siguiente página Siguiente página
Fecernos oír: investir máis en cultura

Montar un autobús só para insultar, para culpabilizar, para ferir a un colectivo, xa é miserable, indecente e propio de malas persoas. Non de persoas trabucadas ou fanalitazas ou non sei que. É de malas persoas. De mala xente. Defender as túas ideas, incluso con vehemencia, pode ter un pase. Pero iniciar accións para afundir, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 1, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
Pido respecto!

O título deste artigo é unha provocación, si. Mais tamén a diagnose dunha situación inxusta. Porque á literatura infantil e xuvenil, aos escritores e escritoras para os máis pequenos e pequenas, non se lles respecta. Case que ninguén o fai. Son moitos os que miran para eles con superioridade, case que perdoándolles a vida, como […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 28, 2017 3 min lectura Continuar leyendo
Tejero e Gutenberg

Hai 36 anos, concretamente o 23 de febreiro de 1981, vin chorar á miña nai por segunda (aínda houbo unha terceira) vez na vida. Tejero, un señor gris con bigote, pegaba tiros no Congreso dos Deputados e ordenaba que quieto todo el mundo. El, e a manda de fascistas que o apoiaron (e outros que […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 23, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
Eu xa viaxei a...

Onte entrevistáronme nunha radio e unha das preguntas que me fixeron foi a onde me gustaría viaxar. Dixen que a todas partes e que non vai chegarme unha vida para ir a tantos sitios como me gustaría. Incluso engadín que, de existir a posibilidade dunha liña aeroespacial que me puxese na Lúa ou en Venus […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 22, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Ver números ou ver serpes (unha clase política inculta á que non lle preocupan os libros)

Antoine de Saint-Exupèry escribiu un dos libros máis redondos da historia da literatura, como é «O Principiño». Por moitos motivos. Entre outros, polo seu comezo, cando se fai aquela reflexión sobre a xente adulta e a xente cativa e nos deixa claro que o que lles gusta aos adultos son os números mais que o […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 10, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
A literatura que nos salva a vida

Leo que cando Oscar Wilde foi condenado ao cárcere e a ingresar no durísimo penal de Reading (eu vino por fóra hai anos e estarrece imaxinar o frío que tivo que papar alí dentro, ademais da fame), decidiu levar moi poucas cousas con el pero, entre outras, levou «A illa do tesouro» de Robert Louis […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 31, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Darwin e as novelas con final feliz (artigo 1 da Era Trump)

Lendo sobre Darwin, un home que sempre me fascinou e sobre o que levo lendo dende hai décadas, descubro algo que non sabía: que só lía novelas das que soubese que tiñan un final feliz. Pareceume un dato marabilloso. Un detalle vital tenro. Como non sentir iso diante da imaxe dun velliño gastado pola vida […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 20, 2017 1 min lectura Continuar leyendo
Librerías que nos namoran

Empezamos o ano con datos optimistas no que se refire a vendas de libros. Logo da caída brutal do consumo de libros en España dende o inicio da crise en 2008 (caída de aproximadamente o 40 % das vendas en librería), a «Confederación de Gremios y Asociaciones de Libreros» informa de que 2016 remata cunha […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 6, 2017 3 min lectura Continuar leyendo
A lectura en dixital. A lectura.

Pregúntaseme seguido polas estratexias que cómpre desenvolver para que medre de vez o consumo de eBooks entre nós. Sobre que se me ocorre para que o formato dixital despegue. Que hai que facer para que todas e todos entendan que a lectura dixital e a descarga dos libros (ou a lectura contra a Nube, á […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 2, 2017 2 min lectura Continuar leyendo
Leia

Un día de novembro de 1977, un feixe de nenos e unha nena do barrio de Teis, subían no Vitrasa número 11 para ir ao centro, concretamente ao Cine Fraga, á estrea «La Guerra de las Galaxias». Nervios. Risas Co Un cine grande, inmenso, con clase, nada que ver co noso Cine Roxy de a […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 27, 2016 1 min lectura Continuar leyendo
En defensa da Filosofía

Fun profesor de Filosofía durante 18 anos da miña vida. En toda aquela época (como durante os 5 anos de estudante), coma agora, xurde seguido o debate sobre a súa «utilidade» e, polo tanto, se é lóxico que se teña que estudar no Bacharelato. Xa pasaba con moitos pais e nais do meu alumnado que dicían […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 13, 2016 1 min lectura Continuar leyendo
Decembro e eu

Chegou decembro. Decembro é inevitablemente para min unha cor brillante, unha festa de fogos artificiais na miña retina, aqueles mesmos das fotografías dos calendarios que empecei a xuntar de pequeno e  que cheguei a ter por centos nunha caixa de zapatos que se foi desmembrando igual que ían caendo as capas do  neno que daquela […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 1, 2016 2 min lectura Continuar leyendo
Dende o tempo de Rosalía de Castro nada mudou

Leo hoxe no Sermos Galiza que hai hoxe 155 anos que Rosalía de Castro publicou o seu primeiro texto en galego. Foi no número 47 de «El museo universal», daquela, a máis importante revista ilustrada da súa época. O máis impresionante deste feito, ademais do feito de que fose en galego, iniciando así o noso […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 24, 2016 1 min lectura Continuar leyendo
Co meu 'Spam' en italiano

O día empeza ben. Chego ao despacho e alí están os meus exemplares de ‘Spam’ en italiano, publicados por Edizioni dell’Urogallo. Esa é a cara de ledicia que se me quedou ao saber que o meu libro xa anda polas librerías da terra de Marco Polo. Xa sei que me repito, pero escribo na miña […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 1, 2012 1 min lectura Continuar leyendo
OS RECORTES EN SANIDADE, O ABORTO E O CATOLICISMO DO PP

Hai uns días, cando o Partido Popular se cargou a lei do aborto (agora as mulleres terán que parir contra da súa vontade; agora as ricas abortarán con seguridade e as pobres arriscarán a súa vida, como no franquismo, aquela Terra Prometida para eles), provocando un retroceso de trinta anos porque si, os principais analistas […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 31, 2012 3 min lectura Continuar leyendo
Somos persoas, non datos

Así titulei o meu artigo, esta semana, en Sermos Galiza. Podes lelo aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en julio 30, 2012 1 min lectura Continuar leyendo
ESCRIBIR EN GALEGO PARA VIVIR SEMPRE NA SOMBRA

Hai uns días escribín esta reflexión sobre a miña condición de escritor en galego. Foi moi compartida nas redes sociais e comentada. E sentín solidariedade e agarimo e que a xente de nós entendía a miña queixa. E hoxe ídesme permitir que recunque. E veredes por que. Non adoito ler best sellers. Non cando menos […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 22, 2012 4 min lectura Continuar leyendo
Ten que haber alternativa

Así titulei o meu artigo de hoxe en Sermos Galiza. Unha reflexión arredor da situación actual e da necesidade de mudalo todo de arriba a abaixo. Podes lelo aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 21, 2012 1 min lectura Continuar leyendo

Página anterior Siguiente página

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar