menu Menú
1252 artículos archivados en
A Canción do Náufrago (Blog)
A Canción do Náufrago es mi blog desde 2006.
Página anterior Página anterior Siguiente página Siguiente página
O PROBLEMA É QUE NON CREN NA EDUCACIÓN

Non  negarei que iso de andar a cambiar os curriculos educativos sexa un infortunio. Pois claro que si. Un goberno aproba unha lei de educación e logo vén outro e dálle a volta e os ensinantes e as familias tolean, toleamos. É un incordio innegable, aínda que tamén é consecuencia dalgo profundamente democrático: cada formación […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 19, 2012 3 min lectura Continuar leyendo
Platón, Esperanza Aguirre, Rita Barberá, Ana Botella, Camps, Rajoy, Fabra e outros intelectuais exemplares

Así titulei o meu artigo desta semana en Sermos Galiza. Podes lelo aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en julio 16, 2012 1 min lectura Continuar leyendo
O QUE NOS PIDEN É QUE NOS RENDAMOS

Por seguir co asunto de onte, a vulneración do sentido verdadeiro das palabras, cómpre que deixemos claro que o que nos están pedindo non é un sacrificio, que cedamos polo ben xeral, que entendamos que agora hai que apertar o cinto. Non é certo. Para nada é certo. O que están a pedirnos é que […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 12, 2012 4 min lectura Continuar leyendo
Os que nos gobernan din parvadas

Nese libro profético que foi 1984, George Orwell fíxonos ver que se o estado quere de verdade dominar á xente, o que ten é que controlar a linguaxe. Porque as palabras son poderosas e, daquela, se convencemos a todo o mundo de que as palabras significan exactamente o que os que mandan queren que signifiquen, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 11, 2012 3 min lectura Continuar leyendo
Unha parte da alma dos galegos

Así titulei o meu artigo de onte en Praza Pública e no que reflexiono sobre o acto de devolución (como se o roubase Rajoy) á igrexa, do Códice Calixtino e, sobre todo, sobre as palabras, tristeiras, que saíron da boca das autoridades políticas e relixiosas católicas. Grazas a todas e a todos os que xa […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Praza pública en julio 10, 2012 1 min lectura Continuar leyendo
Son un escritor galego

Así titulei o meu artigo desta semana en Sermos Galiza. Saiu hai un par de días e xa foron moitos os que o ligaron polo facebook e o twitter. Grazas a todas e a todos por espallalo. Agora, tócame a min. Podedes lelo aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en julio 9, 2012 1 min lectura Continuar leyendo
A lendaria xornalista italiana Concita de Gregorio fala de "Chamádeme Simbad"... en italiano!

Estou coma unhas tarrañolas… Unha amiga tróuxome de Italia (onde vén de saír a tradución do meu Spam; decididamente vou ter que emigrar para alí…) o novo libro desa lenda viva do xornalismo que é Concita de Gregorio, primeira e única muller en dirixir un xornal de grande tirada (L’Unità; onde demitiu despois de levalo […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 5, 2012 2 min lectura Continuar leyendo
Lectores, votantes...

Así titulei o meu artigo desta semana en Sermos Galiza. Podes lelo aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en julio 2, 2012 1 min lectura Continuar leyendo
Presentación de O NENO CAN en Vigo

O vindeiro venres da semana que vén, día 6 de xuño, ás 20 horas e no marco da Feira do Libro de Vigo, a escritora Fina Casalderrey e un servidor presentaremos, acompañados polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, O neno can, libro que escribimos a beneficio de UNICEF. Por iso tamén estará con […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 29, 2012 1 min lectura Continuar leyendo
Condóns e retratos

  Os que nos gobernan -e non é un falar: as súas decisións fan danos moi concretos- repiten, coma un mantra (para iso están os seus asesores, para dicirlles o que deben repetir coma cacatúas raiadas), explican unha e outra vez que as decisións que agora se están a tomar, durísimas (xa sabedes: reaxustes), o […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 28, 2012 1 min lectura Continuar leyendo
Coma Marilyn Manson (La Roja me la trae floja)

Así titulei o meu artigo en Praza Pública. Podedes lelo aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Praza pública en junio 27, 2012 1 min lectura Continuar leyendo
O FÚTBOL E A NAI E O PAI QUE OS BOTOU

Perdón, que conste, perdón, que eu son un fulano que fala moi ben e que non solta pecados así como así, á miña obra escrita remítome, pero hoxe éntranme ganas de facer iso que vén sendo o final da dixestión no fútbol. Non por tal resultado ou taloutro, que tanto me ten. Non vai coa […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 24, 2012 2 min lectura Continuar leyendo
Unha momia resesa, un vampiro cariado, un home eléctrico sen baterías e un peludo sen depilar

Así titulei o meu artigo de hoxe no Sermos Galiza. Podes lelo aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en junio 23, 2012 1 min lectura Continuar leyendo
O problema é que non temos poder

Unha das ilusións máis interesantes que se nos activaron no corazón a raíz das protestas dos indignados, era que o poder volvía aos cidadáns e cidadás, que agora, fartos de tanto esperar monotonamente ás eleccións cada catro anos, fartos da partitocracia orgánica, estabamos na rúa para pedir o que é noso, a saber, o dereito […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 22, 2012 4 min lectura Continuar leyendo
Aquel ataque de loucura de Rajoy (conto fantástico)

O presidente abriu os ollos e decatouse de que se sentía moi relaxado. Durmira moi ben, algo que non conseguía dende había décadas. Así que se ergueu e colleu o teléfono da mesiña de noite e pediu o almorzo. «Nada de fibra», declarou enérxico, «hoxe quero unhas madalenas, para empezar a xornada con dóce na boca. Ah, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 18, 2012 4 min lectura Continuar leyendo
GOBERNOS, LINGUAS, REALIDADE, ENGANO

Hai que recoñecer que o goberno actual sabe usar moi ben a lingua, é dicir, as palabras, a linguaxe para facer con ela o que lle pete. Só podemos dicir algo así despois de comprobar esa curiosa práctica, que exercen sen cansar nunca e que consiste, no básico, en chamarlle ás cousas dun xeito diferente ao que en realidade […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 17, 2012 2 min lectura Continuar leyendo
Non pasa nada

Así titulei o meu artigo desta semana no Sermos Galiza. Unha reflexión sobre a infancia e a guerra e, sobre todo, sobre o pouco que nos importan estas cousas. Podes lelo aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Sermos Galiza en junio 16, 2012 1 min lectura Continuar leyendo
Rescatar a cultura galega

Así titulei o meu artigo en Praza Pública esta semana e no que recordo algo que parece que se obvia: o sector cultural galego xera un Produto Interior Bruto e un volume de emprego maiores que o naval ou o químico. A pesares de ser un sector atomizado, xera arredor do 2’5 por cento do traballo […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Noticias, Praza pública en junio 15, 2012 1 min lectura Continuar leyendo

Página anterior Siguiente página

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar