© Francisco Castro 2023
Acto en Vigo
Luns que vén espérovos na Libraría de El Corte Inglés. Lerei fragmentos da miña nova obra “Isto SI é un home”. Canda min, nomes moi queridos coma Pati Blanco , Marcos Calveiro , Inma López Silva ou Antonio García Teijeiro entre outros. Vémonos!
Unha historia da mentira
Venres da semana que vén será a próxima sesión presencial do ciclo Pensarmos, que impartirá Juan Jacinto Muñoz-Rengel, o venres 28 de xaneiro de 2022 ás 18:00 horas e que leva por título: Unha historia da mentira. Este ciclo, que ten como subtítulo “A contar mentiras”, está organizado pola Sección de Pensamento do Consello da […]
Libra de Oficio – Editorial Galaxia e a industria editorial galega: Fran Castro (Director xeral de Galaxia e escritor) e Inma López Silva (escritora e crítica teatral)
DÍA: Martes, 25 de xaneiro HORA: 19h LUGAR: Museo Verbum – Casa das Palabras (Samil – Vigo) Emisión: Canle de Youtube de ECOBAS Interuniversity Research Center
Encontro con Francisco Castro
TANTOS ANOS DE SILENCIO foi unha das historias que este ano se leron no Club de lectura Dona. O 28. de maio temos a sorte de recibir ao seu autor FRANCISCO CASTRO. Con el pasearemos polo Pazo de Flavia tras os pasos de Anxela obsesionada co esqueleto dunha muller, atopada unha fosa común, abrazada ao […]
CUESTIONANDO O CANON
A próxima semana participarei nunha sesión do ciclo. Clásicas y Modernas. Asociación para la igualdad de género en la cultura, unha mesa-debate organizada polo Ministerio de Cultura. A Deputación Pontevedra, apoia a acción cedendo a súa sede de Vigo. Terei a fortuna de debater con Inma López Silva, e Roberto Pascual, Tamén está prevista a […]
CLUB FARO: ESTAMOS DIANTE DA IDADE DE OURO DA NOVELA NEGRA EN GALICIA?
O mércores no Club Faro haberá un coloquio arredor da pregunta ‘Estamos diante da idade de ouro da novela negra en Galicia?’ Interveñen: Arantza Portabales (escritora) e Francisco Castro (director xeral da Editorial Galaxia; escritor), o mércores, día 13 de xaneiro ás 8 da tarde no Salón de actos do MARCO (C/ Príncipe, 54). — Presenta: Tamara Novoa (directora e editora […]
TÁBOA REDONDA EDITORIAIS DE POESÍA
O vindeiro xoves 22 de outubro, sobre as 19 horas e a través de Zoom, un grupo de editores e editoras de todo o mundo e de varias linguas estaremos reflexionando arredor da edición de poesía. Será o meu contributo ao Festival Kerouac deste ano.
A literatura galega no Brasil
A Universidade de Río de Janeiro convidounos a Chisco Fernández Naval e a un servidor, a falar dos nosos libros no Brasil. O meu máis recente é AMOR É UMA PALAVRA COMA OUTRA CUALQUER. Podedes participar dende a ligazón que vedes no cartaz. Pero ollo, en Galicia serán as 3 da tarde
Tinder, poliamor e outras formas de amar
O sábado da semana que vén, 26 de setembro, dentro do Festival de Filosofía organizado pola sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, estarei falando sobre “Tinder, poliamor e outras formas de amar” coa sexóloga Valerie Tasso e moderados pola escritora Inma López Silva. Ás 10 da mañá no Consello da Cultura Galega.
Presentación en Nigrán de TANTOS ANOS DE SILENCIO
Sinatura na Feira do Libro de Ponteareas
Este xoves, ás 21 horas, estarei asinando exemplares das miñas obras na Feira do Libro de Ponteareas.
Sinatura na Feira do Libro de Vigo
O vindeiro martes 30 de xuño, ás 20 horas, estarei asinando exemplares das miñas obras na Feira do Libro de Vigo.
Un café con Francisco Castro
Dentro do Festival Virtual do Libro de Galicia, manterei un faladoiro arredor do meu TANTOS ANOS DE SILENCIO.
Pues esta semana tenía que estar yo en el Sant Jordi, en Barcelona, pero, por lo que ya sabéis, no va a ser. Pero, eso sí, el sector editorial catalán no se queda sin la fiesta de los libros y, por eso, organiza un Sant Jordi Virtual que pretende un Récord Mundial de Participación. Yo […]
Mañá temos unha cita (virtual)
Toda a información, aquí.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.