menu Menu
20 artigos rexistrados
Da miña boca á tua orella
Páxina anterior Páxina seguinte Páxina seguinte
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Terra'

Hai un tempo, o artista Anxo Cabada pediunos a un grupo de escritores e escritoras que escribiramos un texto arredor dunha foto para a exposición Terragrafías. A min envioume esta que aquí vos deixo. Inspiroume o poema ‘Terra’, que agora podedes escoitar, recitado na miña voz, aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Novembro 5, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Play-Back'

No ano 1997 eu decidira non volver escribir máis. Xa perdera a conta das editoriais que me rexeitaran unha boa chea de orixinais. Por outra banda, nos concursos literarios non tiña sorte ningunha. Tiña a sensación de que tanto esforzo (horas e horas todos os días durante anos), non ía levarme a ningures. Xa como […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Outubro 1, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Recitando a Lois Pereiro

Hai uns días, e como vos comentaba onte, o artista Alberto Granada inauguraba a súa exposición ‘Lois Pereiro no Pazo de Tor’ e na que participo lendo un poema do monfortino. Nesta ligazón déixovos o traballo que forma parte da instalación feita por Granada para a exposición. Atoparedes as voces todas dos e das que […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Setembro 3, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Outro fragmento máis de IN VINO VERITAS

Como este luns presento IN VINO VERITAS en Sanxenxo (20’30. Sede Náutica Novacaixagalicia, acompañado de María Solar), e como hoxe é sábado e sempre vos deixo un texto lido na miña voz, vai outro fragmento da novela. Estamos no instante no que Carolina Vilabranca, a muller fatal da novela (e que podería ser a da […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Agosto 20, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Outro fragmento de IN VINO VERITAS

Como o martes ás sete presentaremos na Feira do Libro da Coruña a nova novela, déixovos hoxe outro fragmento na miña voz. Corresponde, como os outros que xa vos deixei outros sábados, aos instantes iniciais, cando unha muller e un home, que aínda non coñecemos nin sabemos quen son, comezan un dos xogos máis fermosos […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Xullo 30, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á MIÑA ORELLA: Fragmento de IN VINO VERITAS

Esta será unha semana completiña no que se refire a actos arredor de IN VINO VERITAS. O luns, Día da Patria Galega estarei no Festigal, no Campus Sur de Santiago, contra as 16,45, acompañado de Carlos Lema, director literario de Galaxia e a profesora e investigadora Malores Villanueva. O mércores, a partir das 20 horas, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Xullo 23, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Escoita o primeiro capítulo de 'In Vino Veritas'

A miña nova novela, In Vino Veritas (Ed. Galaxia), que presentarei este martes ás 20,30 na Feira do Libro de Vigo, xa está nas librerías. Déixovos o primeiro capítulo da novela, na miña voz, aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Xullo 2, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'O segredo de Marco Polo'

Hai case que un ano saía ás librerías O segredo de Marco Polo. Dende aquela xa coñeceu dúas edicións e navega feliz por moitas partes. Hoxe déixovos aquí un fragmento na miña voz. Correspóndese co comezo, cando o soldado-namorado lava as súas roupas de madrugada fóra do cuartel, co medo a ser descuberto o cal […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Xuño 25, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'O ceo dos afogados'

Hoxe déixovos, na miña voz, un fragmento da novela que no ano 2007 foi finalista do Premio Caixa Galicia de Narrativa Xuvenil. Aínda que non gañou, no 2009 recibiu o premio dos escolares galegos que lle outorgaron o Frei Martín Sarmiento. Probablemente é, de todas as miñas obras infanto-xuvenís, a máis traballada tecnicamente, a máis […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Xuño 18, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Nosoutros'

Hai uns anos, e para un programa da TVG, gravei este poema. Igual que o outro día, eu era un pai recente. E neste caso o  meu pequeno foi a inspiración. Aquí volo deixo na miña voz. E tamén o texto Nosoutros Eu son ti Tiesmín somos nosoutros Sherezade Martín Códax Tiesmín Cíes San Simón […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Xuño 4, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Na mañá dos teus beizos'

Cando naceu a miña pequecha deume por escribirlle un poema. Algo que cando lea o día de mañá lle faga entender os sentimentos que me provocou a súa chegada. Tituleino Na mañá dos teus beizos. É simple. Como o amor que lle temos aos fillos e ás fillas. Queda, na miña voz, aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Maio 21, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Riobó

Estes días está falándose, e moito, do debut discográfico de Riobó, un grupo galego que está chamado a brillar e moito, no noso panorama musical máis moderno. Unha formación que bebe da tradición para reinventala e dárnola fresca coma sempre, e chea de vida. Á fronte, unha violinista excepcional cunha presenza escénica engaiolante. Poucos profesionais […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Maio 14, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Memorial do infortunio'

Hoxe déixovos na miña voz o inicio do Capítulo 3 da miña novela de 2003, Memorial do infortunio. Trátase do intre no que Toribio de Celanova, a piques xa da morte, comeza a confesión diante do notario Carlos de Balboa, para que tome nota de todo o que viviu, absolutamente extraordinario, cando entrou, con outros, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Abril 16, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Leonor á maneira do amor cortés'

Hai anos, cando en La Voz de Galicia, nesa gran iniciativa que é os Relatos de Verán, convidaban a escritores e escritoras, cada día un, publiquei este que me pediron, ilustrado por Xaquín Marín. Un relato de amor desesperado, cheo de retranca, pastillas e irrealidade. Na miña voz, aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Marzo 26, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Hai un mar

Hai uns anos publiquei un poema que titulei Hai un mar a petición dos responsables da revista Ave Fénix que escriben os internos do cárcere de Monterroso. Foi unha linda experiencia que hoxe comparto con todos vós, na miña voz, aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Marzo 12, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Fe

Hoxe déixovos, na miña voz, un poema de amor. Publiqueino hai un par de anos nunha revista cubana. Podedes escoitalo aquí.

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Marzo 5, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Eu fun un best seller da literatura galega

Hoxe déixovos na miña voz un artigo que publiquei hai anos en La Voz de Galicia, cando me pediron unha reflexión arredor dos best-sellers, dado que o meu Xeración Perdida levaba moitas semanas como libro máis vendido das súas listas. Fixen unha reflexión realista: ser súpervendas en castelán implica que si que vendes moitos exemplares; […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Febreiro 26, 2011 1 min lectura Seguir lendo
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Esta lingua non quere vivir na favela

Hai dous anos, en Arántzazu, Euscadi, nun descanso das xornadas daquel Galeúsca inesquencible, nunha das follas da carpeta que nos deron aos participantes, escribín este poema sobre a lingua. Daquela estaban empezando os galiciabilingües a montar a teoría da imposición. En fin, vós xa sabedes. Déixovos o audio, aquí. A imaxe que preside estas liñas, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Xaneiro 29, 2011 1 min lectura Seguir lendo

Páxina anterior Páxina seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar