© Francisco Castro 2023
Hai un tempo, o artista Anxo Cabada pediunos a un grupo de escritores e escritoras que escribiramos un texto arredor dunha foto para a exposición Terragrafías. A min envioume esta que aquí vos deixo. Inspiroume o poema ‘Terra’, que agora podedes escoitar, recitado na miña voz, aquí.
No ano 1997 eu decidira non volver escribir máis. Xa perdera a conta das editoriais que me rexeitaran unha boa chea de orixinais. Por outra banda, nos concursos literarios non tiña sorte ningunha. Tiña a sensación de que tanto esforzo (horas e horas todos os días durante anos), non ía levarme a ningures. Xa como […]
Hai uns días, e como vos comentaba onte, o artista Alberto Granada inauguraba a súa exposición ‘Lois Pereiro no Pazo de Tor’ e na que participo lendo un poema do monfortino. Nesta ligazón déixovos o traballo que forma parte da instalación feita por Granada para a exposición. Atoparedes as voces todas dos e das que […]
Como este luns presento IN VINO VERITAS en Sanxenxo (20’30. Sede Náutica Novacaixagalicia, acompañado de María Solar), e como hoxe é sábado e sempre vos deixo un texto lido na miña voz, vai outro fragmento da novela. Estamos no instante no que Carolina Vilabranca, a muller fatal da novela (e que podería ser a da […]
Como o martes ás sete presentaremos na Feira do Libro da Coruña a nova novela, déixovos hoxe outro fragmento na miña voz. Corresponde, como os outros que xa vos deixei outros sábados, aos instantes iniciais, cando unha muller e un home, que aínda non coñecemos nin sabemos quen son, comezan un dos xogos máis fermosos […]
Esta será unha semana completiña no que se refire a actos arredor de IN VINO VERITAS. O luns, Día da Patria Galega estarei no Festigal, no Campus Sur de Santiago, contra as 16,45, acompañado de Carlos Lema, director literario de Galaxia e a profesora e investigadora Malores Villanueva. O mércores, a partir das 20 horas, […]
A miña nova novela, In Vino Veritas (Ed. Galaxia), que presentarei este martes ás 20,30 na Feira do Libro de Vigo, xa está nas librerías. Déixovos o primeiro capítulo da novela, na miña voz, aquí.
Hai case que un ano saía ás librerías O segredo de Marco Polo. Dende aquela xa coñeceu dúas edicións e navega feliz por moitas partes. Hoxe déixovos aquí un fragmento na miña voz. Correspóndese co comezo, cando o soldado-namorado lava as súas roupas de madrugada fóra do cuartel, co medo a ser descuberto o cal […]
Hoxe déixovos, na miña voz, un fragmento da novela que no ano 2007 foi finalista do Premio Caixa Galicia de Narrativa Xuvenil. Aínda que non gañou, no 2009 recibiu o premio dos escolares galegos que lle outorgaron o Frei Martín Sarmiento. Probablemente é, de todas as miñas obras infanto-xuvenís, a máis traballada tecnicamente, a máis […]
Hai uns anos, e para un programa da TVG, gravei este poema. Igual que o outro día, eu era un pai recente. E neste caso o meu pequeno foi a inspiración. Aquí volo deixo na miña voz. E tamén o texto Nosoutros Eu son ti Tiesmín somos nosoutros Sherezade Martín Códax Tiesmín Cíes San Simón […]
Cando naceu a miña pequecha deume por escribirlle un poema. Algo que cando lea o día de mañá lle faga entender os sentimentos que me provocou a súa chegada. Tituleino Na mañá dos teus beizos. É simple. Como o amor que lle temos aos fillos e ás fillas. Queda, na miña voz, aquí.
Estes días está falándose, e moito, do debut discográfico de Riobó, un grupo galego que está chamado a brillar e moito, no noso panorama musical máis moderno. Unha formación que bebe da tradición para reinventala e dárnola fresca coma sempre, e chea de vida. Á fronte, unha violinista excepcional cunha presenza escénica engaiolante. Poucos profesionais […]
Hoxe déixovos na miña voz o inicio do Capítulo 3 da miña novela de 2003, Memorial do infortunio. Trátase do intre no que Toribio de Celanova, a piques xa da morte, comeza a confesión diante do notario Carlos de Balboa, para que tome nota de todo o que viviu, absolutamente extraordinario, cando entrou, con outros, […]
Hai anos, cando en La Voz de Galicia, nesa gran iniciativa que é os Relatos de Verán, convidaban a escritores e escritoras, cada día un, publiquei este que me pediron, ilustrado por Xaquín Marín. Un relato de amor desesperado, cheo de retranca, pastillas e irrealidade. Na miña voz, aquí.
Hai uns anos publiquei un poema que titulei Hai un mar a petición dos responsables da revista Ave Fénix que escriben os internos do cárcere de Monterroso. Foi unha linda experiencia que hoxe comparto con todos vós, na miña voz, aquí.
Hoxe déixovos, na miña voz, un poema de amor. Publiqueino hai un par de anos nunha revista cubana. Podedes escoitalo aquí.
Hoxe déixovos na miña voz un artigo que publiquei hai anos en La Voz de Galicia, cando me pediron unha reflexión arredor dos best-sellers, dado que o meu Xeración Perdida levaba moitas semanas como libro máis vendido das súas listas. Fixen unha reflexión realista: ser súpervendas en castelán implica que si que vendes moitos exemplares; […]
Hai dous anos, en Arántzazu, Euscadi, nun descanso das xornadas daquel Galeúsca inesquencible, nunha das follas da carpeta que nos deron aos participantes, escribín este poema sobre a lingua. Daquela estaban empezando os galiciabilingües a montar a teoría da imposición. En fin, vós xa sabedes. Déixovos o audio, aquí. A imaxe que preside estas liñas, […]
Página anterior Siguiente página
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.