menu Menu
17 artigos rexistrados
Diario dun náufrago
Páxina anterior Páxina seguinte
Diario dun náufrago 18 (O vermú e a morte)

23 de xaneiro de 2020

O pasado sábado pola mañá ía cara o ximnasio cando atopei unha veciña desas de toda a vida, arredor dos setenta e cun can que sempre a acompaña. Intercambiamos catro frases sen moita trascendencia ata que apareceu unha parella máis ou menos do seu tempo que ela descobriu avanzando pola mesma beirarrúa na que estabamos. […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Xaneiro 22, 2020 2 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 17 (Un orgasmo total)

12 de decembro de 2019

A semana pasada estiven na Feira Internacional do Libro de Guadalajara. O meu hotel estaba relativamente preto da FIL así que ía e viña a pé varias veces ao día. E todos e cada un das xornadas que estiven alí, dei cun home de aspecto farrapento, de guedellas sucias e despeiteadas, barba lacia e irregular […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Decembro 11, 2019 3 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 16 (pobres peixes)

12 de novembro de 2019

Os domingos vou á piscina do ximnasio no que estou dende setembro. Coincido cun grupo de pais (case que todos barbados hipsters tatuados) que  nadan cos seus fillos e fillas, algúns deles, bebés. Hai un monitor que lles vai dicindo o que teñen que facer e, a verdade, a cativada pásao de medo. Ou sexa, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Novembro 12, 2019 2 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 15 (non te pudras)

12 de outubro de 2019

Dende que empezou setembro vou ao ximnasio. Todos os días. A miña idea inicial era ir nadar pola noite, pero logo dunha conversa con María, unha das monitoras, comecei con aparellos de todas as formas e utilidades. -Voume aburrir -anunciei. -Vaiche encantar -concluiu. E, carafio, acertou. Pero en todo caso non é isto o que […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Outubro 12, 2019 3 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 13 (quita esa man, imbécil!)

8 de outubro de 2019

Onte, cando volvía a casa para comer, cruzando Vigo como fago sempre que podo a pé, presenciei unha escena de xustiza poética. Diante de min camiñaba unha parella collida da man. Non terían máis que dezaseis anos. Se é que chegaban. Camiñaban coas mochilas do instituto ás costas. E da man. Celebrando, así, o amor. […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Outubro 8, 2019 1 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 12 (estou chegando)

18 de setembro de 2019

Na cola do súper apréndese moito sobre a xente. Se un está atento claro. Por aí anda a vida manifestándose, ás veces, de maneira fascinante. Por exemplo onte. Estaba eu esperando para pagar unha simple botella de auga mineral (que merco cada tarde, coma un ritual cada vez máis asentado, antes de entrar no ximnasio), […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Setembro 18, 2019 1 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 11 (unha cuestión de gusto)

15 de setembro de 2019

Onte, como cada sábado, fun facer algo de compra para cociñar. Adoito ir á mesma panadería para mercar o pan. No centro de Vigo  non é moi bo (se o queredes de calidade, ide ao Forno de Teis), polo que aínda teño que andar un cacho ata onde eu o merco. Ao saír, pillei un […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Setembro 15, 2019 2 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 10 (3 tristes churros)

12 de setembro de 2019

  Onte citeime con alguén para traballar nun hotel de Vigo. Cheguei media hora antes, como adoito facer case que sempre para así tomar algo con calma e ler a prensa. Era unha hora rara. As 12 do mediodía. Que se pode pedir ás 12 do mediodía? Xa se pode pedir unha caña ou aínda […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Setembro 12, 2019 2 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 9 (un conto gore)

10 de setembro de 2019

Eu son un calvo coqueto e, dende hai décadas, afeito a cabeza. Fágoo eu mesmo. Boto escuma e paso a folla de afeitar. Leva cinco minutos e, polo xeral, non pasa nada. Mais, de cando en vez, acontece algún pequeno desastre. O asunto é que onte, como cada noite, estaba diante do espello disposto a […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Setembro 10, 2019 2 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 8 (Coma un rio de tinta)

8 de setembro de 2019

O pasado venres, como sempre que podo, fun camiñando á editorial. Co sombreiro posto e sen apartar os ollos do xornal, son quen de esquivar farolas, xente e outras trampas urbanas sen a penas decatarme e así non desviarme da lectura. A de libros que teño lido camiñando. É coma un rádar que me permite […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Setembro 8, 2019 3 min lectura Seguir lendo
DIARIO DUN NÁUFRAGO 7 (CHAMADA PERDIDA)

4 de agosto de 2019

Onte estaba só nun bar de Santiago. Sentei na mesa máis afastada da porta pois procuro tranquilidade para escribir no meu caderno de notas da nova novela. Acomódome e vexo, sobre unha cadeira, que alguén esqueceu un móbil. É un aparello grande, moito máis que o meu. E vese novísimo. A miña primeira reacción é […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Setembro 4, 2019 1 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 6 (DE FALSOS SUICIDAS)

31 de agosto de 2019

Onte, tomando a enésima cervexa polo Barrio Húmedo de León, achegóuseme un home a pedir. A verdade é que dou sempre a quen me pide, e hai quen se me amola por este meu hábito, porque polo xeral, segundo se me argumenta, non piden para comer. Eu non xulgo. Eu tamén bebo e fago cousas […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago, Uncategorized @gl en Agosto 31, 2019 1 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 5 (PROMESAS E CÁRCERE)

29 de agosto de 2019

Hai uns días, en Bueu, cheguei, como me pasa sempre, moi cedo ao acto no que tiña que falar. Sempre saio con tempo por se o tráfico, por se non hai onde aparcar, por se me perdo, por se, por se, por se. Sentei nun banco a ler. Tiña media hora. Ao pouco, un home […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Agosto 29, 2019 1 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 4 (TODA ESA XENTE SOLITARIA)

28 de agosto de 2019

Aparcar en Vigo é algo complexo, por iso, se un atopa un sitio, como a min me aconteceu onte, pois hai que aproveitalo. Isto que vou contar aconteceu preto da rúa Rosalía de Castro, en pleno centro pois da cidade. Eu ía a modiño co coche á espreita de calquera oco que puidese aparecer e […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Agosto 28, 2019 2 min lectura Seguir lendo
DIARIO DUN NÁUFRAGO 3 (A GOMA DE BORRAR ALMAS E CORAZÓNS)

26 de agosto de 2019

Saio dunha librería-papelería en Sada cun libro máis gordo do que poden soportar as miñas costas na mochila. Vino vir de esguello e, se non estivese espabilado, levábame por diante. Refírome a un tipo que pasou correndo á miña beira. Roupa de runner e actitude de runner. Uns inalámbricos nas orellas. Roupa rechamante estilo Decathlón. […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Agosto 26, 2019 2 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 2 (COMA UN PARDAL GOLPEADO CONTRA UN CRISTAL INVISIBLE)

24 de agosto de 2019

Fixen noite nun hotel sinxelo preto de Bergantiños. Foi como volver aos anos 70. Debeuse inaugurar nesa década e, dende aquela, nin unha soa reforma. Ao entrar no cuarto pensei que estaba no da miña avoa. Faltaba ela na cama, doente e moribunda. Os baños eran desa louza marrón escura que lembro da casa de […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Agosto 24, 2019 1 min lectura Seguir lendo
Diario dun náufrago 1 (UNHA MULLER QUE ESPERA)

23 de agosto de 2019

Estou pasando uns días polo norte de Galicia. Pasei enteiro o de onte na praia de Santa Cristina de Oleiros. É moi difícil aparcar aí. Contra as 11 da mañá xa estaba todo cheo. Enfilando unha avenida que xa me sacaba da vila, unha muller, de pé, moi recta, gardáballe o sitio “ao coche do […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago en Agosto 23, 2019 1 min lectura Seguir lendo

Páxina anterior Páxina seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar