© Francisco Castro 2018
“Está documentado cientificamente: nenas e nenos que chegan falando galego aos colexios, nuns anos, só falan castelán. Esa é a realidade. E malia ser esa a realidade, temos que aturar que se nos continúe demonizando por dicir que queremos, en Galicia (non en Sebastopol ou Madrid, en Galicia), poder vivir en galego con normalidade”. O […]
20 ANOS SEN GEORGE HARRISON Hoxe hai 20 anos que morreu George Harrison. Sobre el escribo hoxe en La Voz de Galicia. Un xigante!
Velaquí queda o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia en defensa da asignatura de Filosofía, reducida ou eliminada na práctica na nova Lei de Educación. Nunca coma hoxe foi necesaria a Filosofía. Para facer cidadáns críticos que pensen por si mesmos. Igual é que non interesa e se prefiren cidadáns obedientes e […]
O cumio do clima non serviu, coma sempre, para nada. Fronte do capitalismo, o planeta, que se destrúa. Non se vai consentir a perda de beneficios. Ao planeta, que lle dean. O capitalismo é sagrado. O meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia.
Velaquí queda a entrevista que hoxe publica La Voz de Galicia, e que me fixo o tamén escritor Xesús Fraga, arredor do meu O CEMITERIO DE BARCOS. Espero que vos guste.
En Alemaña sentan aos colaboradores na brutalidade do Holocausto diante da xustiza, teñan a idade que teñan. Hai que pensar nas vítimas, que precisan reparación e xustiza. En España, as cunetas seguen cheas de asasinados, e hai partidos que non condenan os crimes do franquismo ou que, directamente, se declaran herdeiros orgullosos. O meu artigo […]
O que fai un total de 500.000 euros ao ano. Iso gañará Carmona nunha eléctrica. El, que dicía que “non tiña prezo”. E si que o tiña… O meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia.
En Berlín acaban de aprobar un referéndum para expropiar vivendas dos fondos boitres para que a xente poida vivir neles. En Madrid regalóuselles a eses fondos boitre as vivendas socias da xente para que non puidesen vivir. En Alemaña montan gobernos de coalición. Aquí lóitase dende o primeiro día para acabar con el. En Alemaña […]
España superou este mes o se récord de persoas millonarias…e o de pobres. 12 millóns de persoas están en risco de ser consideradas pobres. Os ricos, cada vez o son máis. Os pobres, tamén. Unha situación insostible, inasumible e inxusta. Reflexiono sobre isto hoxe en La Voz de Galicia.
Hoxe iníciase un novo curso escolar. Día perfecto para lembrar que hai 1600 millóns de nenos e nenas (sobre todo nenas) sen escolarizar no mundo, condenados pois á explotación, a violencia e a pobreza. En 2021 este é o panorama. Un desastre absoluto. Diso falo hoxe no meu artigo en La Voz de Galicia.
Hoxe dedico o meu artigo en La Voz de Galicia a esta doutora viguesa medalla de ouro no triatlón os Xogos Paraolímpicos e fago unha comparación cos considerados “deuses” por tanta xente, xa sabedes, os Cristiano Ronaldo, Mbppé, etc. Para min, ela si é unha deusa.
No meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia dou a miña visión sobre o que estamos a facer co asunto afgán. A nosa pasividade convértenos en cómplices. Porque occidente vai pasar de todo, xa veredes. Imos deixar a ese pobo á súa sorte e nas mans dos asasinos. Tanto nos ten que a […]
En España é moito mellor ser toureiro que escritor. O meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia.
Mañá é 25 de xullo, e eu escribo sobre Galicia hoxe en La Voz de Galicia. A ver que vos parece.
“A min paréceme, como Sartre inspiradamente comentou, que se non pos a palabra ao servizo de quen non a ten, se non escribes contra o poderoso, se non te posicionas claramente a favor da muller, da persoa discapacitada, de quen pasa pola vida en agonía, daquela ti es un explotador máis, un violento máis, un […]
Hoxe explico no meu artigo en La Voz de Galicia, a millonada anual que algunhas organizacións invisten na ideoloxía antixénero, lobbys mundiais de ultradereita que só procuran acabar cos dereitos das mulleres, de colectivos LGTBI e de todo canto eles consideren que é diferente. E ollo: xa empezan ter unha forza política importante. En Polonia, […]
Hoxe publico en La Voz de Galicia este meu novo artigo dedicado ao asunto da vacinación express dos xogadores da selección masculina de fútbol cando aínda hai tanta, tantísima xente, sen vacinar. Un dos escándalos máis repugnantes, para min, dos últimos tempos. Un noxo e unha indecencia. Espero que vos guste.
Hai que deixar de ser neutrais fronte o fascismo que nos ataca. Hai que deixar de ser equidistante. Hai que tomar partido e resistir. O meu novo artigo en La Voz de Galicia.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.