© Francisco Castro 2018
Unha das trolas máis insoportables que temos que soportar en Galicia é que o español está perseguido porque obrigamos a falar en galego. É tan brutal, que doe. E sobre iso escribín hoxe en La Voz de Galicia.
Velaquí o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia. Reflexiono sobre esa especie de plató de programa malo no que se converteu o Parlamento español nos últimos tempos, con berros, insultos, apupos e toda clase de comportamentos moi pouco democráticos. Con VOX á cabeza, é un lugar onde nada se debate e todo […]
Este domingo La Voz de Galicia inicia unha colección de libros de Historia. Entre outros títulos vai publicar “Unha historia de Galicia” de Miguel Anxo Murado. Sobre a súa obra falo hoxe no suplemento Fugas.
Velaquí o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia. Reflexiono sobre a traxedia que é que nos convertesen nun gran destino turístico, un lugar de sangría e balconing. Un país sen industria pensado para que o turista atope escravos (camareiros, kellis…) en estado de precariedade permanente para que así todo sexa barato. Logo […]
Hai uns días, un grupo de rapaces graváronse mentres arrincaban en Cambados bancos coas cores LGTBI. Escarallábanse de risa. Subiron o vídeo ás redes sociais baixo o título de “Limpiando Cambados”. Futuros nazis en estado puro. Velaquí a miña reflexión en La Voz de Galicia.
Hai 5 anos que se aprobou a Lei Mordaza. Os que agora gobernan prometeron derrogala. Pero aí segue. Rapeiros fugados por dicir que o Emérito era un corrupto. A Audiencia Nacional chea de condeas por chíos de Twitter contra Franco ou a Igrexa Católica. Unha lei contra a liberdade de expresión. O artigo completo, aquí.
“É máis prescritora de coñecemento, de valores, de comportamentos Belén Esteban ou calquera triunfito que o profesor de Literatura do instituto. Mobilizan máis a xente os futbolistas tatuados repeiteados estilizados á moda que as lecturas prescritas polas profesoras e profesores coa súa mellor intención. Sergio Ramos é máis importante que Rosalía de Castro. Jorge Javier Vázquez máis que Castelao. Un toureiro e os seus amoríos, […]
Velaquí o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia sobre a desvergonza de poñer tantos recursos, económicos e materiais, do estado, aos servizos noxentos dun partido político, cando hai tanta xente, sobre todo mulleres que sofren o terrorismo machista, esquecidas e sen protección. Espero que vos guste.
Velaquí queda o artigo que recibiu o premio de xornalismo Enrique Guerrero Serrano convocado pola Asociación Cultural Espazo Aberto do Val Miñor e que publicou La Voz de Galicia. Espero que vos guste.
Jorge Luis Borges dixo que o ser humano é a súa memoria. Trabucouse. O ser humano son os seus bares, as súas discotecas, os touros a rebentar, o fútbol e os concertos nos que te animan a sacar a mascariña. Borges pensaba no Aleph con toda a súa trascendencia. A xente do común pensa na […]
Neste país semella que nada se move nunca. Pero nunca. O meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia.
Velaquí deixo o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia. Espero que lle faga pensar a máis de un.
Velaquí queda o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia. Fálovos de Sarah Hegazy. Morreu terriblemente hai uns días. Suicidouse. Máis a súa historia non debe ficar no esquecemento
No meu novo artigo reflexiono sobre a inmoralidade de que en pleno século XXI en España existan “nobres”. Non foron a miña nai e o meu pai xente nobre? Por que Cayetana si e eles non? Como se como isto nun país no que a Constitución fala de igualdade? Espero que vos guste.
Velaquí o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia. Sabías que España é o lugar de Europa onde máis circulan as noticias falsas? E que é o sexto estado do mundo onde máis proliferan? E por que sucede? Somos máis parvos ou aquí hai máis xente interesada en enganarnos, confundirnos e en definitiva, […]
O meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia fala da Pandemia, pero tamén do Principiño, aquel neno estraño e lúcido que nos aprendeu moitas cousas. Tamén, creo eu, poden ser de moita utilidade as súas reflexións hoxe. Aquí o explico.
Hoxe centro o meu artigo en La Voz de Galicia sobre os efectos devastadores que o Covid-19 provoca nas empresas culturais. E denuncio o esquecemento da mesma por parte das autoridades, que se precipitaron a anunciar axudas para determinados sectores pero ningunha, absolutamente ningunha, para o mundo da cultura, malia que representa o 3.2 % […]
Velaquí o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia. Este non pasou pola razón. Sae dereito do corazón.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.